Radio Carve

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logotipo de Radio Carve

CX 16 Radio Carve é unha emisora de radio de Montevideo e unha das pioneiras no Uruguai. Conta cunha ampla programación informativa, deportiva e entretemento.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi fundada o 12 de outubro de 1928[1], polo radio-afeccionado alemán Karl Kärbe, que ao instalarse no Uruguai castelanizou o seu nome e apelido polo de Carlos Carve, e con ese apelido deu nome á súa radio. A radio emite na frecuencia de 850 KHZ e 50 kw de potencia o que fai que sexa sintonizada en zonas da Arxentina e o sur do Brasil[2]. Os seus primeiros estudios estiveron localizados en Capurro, barrio de Montevideo[3]. Varios mozos xornalistas comezaron a traballar na emisora para facer un informativo, chamado "El Diario Oral". Co tempo, estes traballadores, entre os que destacan Roberto Fontaina e Juan Enrique De Feo, mercaron a emisora en 1931. Como lembranza ao fundador da radio, decidiron non cambiarlle a denominación, e así segue até o día de hoxe.

Durante a segunda guerra mundial, cooperaba estreitamente coa Oficina do Coordinador de Asuntos Interamericanos, un organismo de propaganda estadounidense dirixido por Rockefeller. Radio Carve serviu como unha plataforma para a diseminación de propaganda dirixida contra o goberno militar arxentino (1943-1946) e logo goberno peronista.[4]

No ano 2005 sufriu unha severa crise económica que tivo como resultado que os empregados quitasen a radio do aire en protesta por consecuentes atrasos nos pagos de salarios.[5]

Programación[editar | editar a fonte]

Sendo unha das primeiras emisoras en instalarse no país foi pioneira nas súas propostas e referente entre as décadas de 1940 e 1990. As crónicas deportivas e informativas combinábanse co radio teatro, moitas veces emitido en directo. Ademais, entre 1950 e 2006 emitiu o programa "Sempre en Galicia" que repasaba a actualidade de Galicia e da colectividade galega no Río da Prata[6]. Grazas a amizade entre De Feo e Manuel Meilán[7], a emisora albergou o programa, que durante moito tempo foi a única emisión de radio en galego[8].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "La Radio" (en castelán). Consultado o 2021-04-01. 
  2. Blanco Campana, Xosé Luís (1999). Historia da radio en Galicia. Edicións Lea. ISBN 84-89947-73-2. 
  3. "CX16 Radio Carve (850 KHz) / Hemeroteca / Fondos documentais / Consello da Cultura Galega". consellodacultura.gal. Consultado o 2021-04-01. 
  4. Gisela, Cramer (2012). "6". "The Word War at the River Plate: The Office of Inter-American Affairs and the Argentine Airwaves, 1940-46." En: ¡Américas Unidas! Nelson A. Rockefeller's Office of Inter-American Affairs, 1940-46, ed. por Gisela Cramer y Ursula Prutsch. Vervuert. 
  5. "Ursec intimó a accionistas de Carve y Nuevo Tiempo". El Observador (en es_uy). Consultado o 2 de febrero de 2017. 
  6. "Sempre en Galicia / Hemeroteca / Fondos documentais / Consello da Cultura Galega". consellodacultura.gal. Consultado o 2021-04-01. 
  7. Samuelle Lamela, Cristina (1993). Conversas con Manuel Meilán. Xerais. ISBN 84-7507-754-4. 
  8. Rivas, Manuel (1983-09-02). "RNE emite el programa uruguayo 'Sempre en Galiza'". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-04-01. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]