Raúl Rodríguez Canca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Raúl Rodríguez Canca

Raúl Rodríguez Canca é un político berciano de Coalición por El Bierzo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É técnico superior en xestión e organización de recursos naturais e paisaxísticos. Como presidente da Asociación de Nais e Pais dun colexio de Ponferrada foi un dos fundadores e primeiro presidente a FAMPABI, a Federación de Nais e Pais do Bierzo, en 2017[1]. En 2019 encabezou a lista de Coalición por El Bierzo ás eleccións autonómicas de Castela e León[2] e en xullo de 2020 nun congreso extraordinario entrou na executiva do partido como secretario de organización[3]. Nas eleccións autonómicas de 2022 recuncou como cabeza de lista de CB[4] aínda que desta volta unido coa plataforma El Bierzo Existe[5].

Notas[editar | editar a fonte]