Raúl Isidro Burgos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRaúl Isidro Burgos
Biografía
Nacemento21 de xuño de 1890 Editar o valor em Wikidata
Morte10 de abril de 1971 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeMéxico Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , mestre , activista social Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Raúl Isidro Burgos Alanís, nado en Cuernavaca o 21 de xuño de 1890 e finado na Cidade de México o 10 de abril de 1971, foi un mestre e poeta mexicano, segundo director da Escuela Normal Rural de Ayotzinapa, que na actualidade leva o seu nome.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Raúl Isidro Burgos iniciou os estudos básicos na súa cidade natal e concluíunos na Cidade de México, onde se trasladara coa familia. Posteriormente matriculouse en varios centros superiores, entre eles a Escola de Artes e Oficios, a Escola de Comercio e a Escola Nacional Preparatoria. Atopou a súa vocación na Escola Nacional de Mestres, onde rematou os seus estudos en 1912.

Ese ano iniciou o seu labor docente na Cidade de México e en 1914 asistiu ao Primeiro Congreso Pedagóxico en Tuxtla Gutiérrez. A súa destacada participación chamou a atención do gobernador do Estado de Chiapas, quen o nomeou Inspector Escolar e posteriormente director da Escola Normal do Estado. De volta á Cidade de México, fundou a escola particular Antonia L. Arellano, que posteriormente se integrou no sistema educativo oficial. En 1920 retornou a Chiapas e ocupou o cargo de inspector municipal en Tapachula até 1927.

En 1927 a Secretaría de Educación Pública destinouno como mestre á Serra de Puebla e en 1928 foi nomeado inspector da Terceira Zona Escolar do estado de Guerrero, que incluía a maior parte da Tierra Caliente, mesma que percorría desde a súa sede en Arcelia. Alí, amais, mantiña cos seus propios recursos un internado para estudantes de primaria.

O 5 de agosto de 1930 cesou no cargo e foi nomeado director da Escola Normal de Tixtla de Guerrero en substitución do seu fundador, Rodolfo A. Bonilla. Chegou á cidade o 1 de setembro, mais a escola non tiña edificio propio. Ao pouco tempo logrou que se lle cedese a antiga Facenda de Ayotzinapa, onde foi traslada a escola. A partir de entón foi coñecida como a Escola Normal Rural de Ayotzinapa.

Burgos dedicouse á construción das instalacións da escola, inaugurada o 30 de marzo de 1933. Permaneceu como director dela até 1935, cando foi nomeado director da Escuela Normal Rural de Xochiapulco (Puebla). Posteriormente foi Oficial Maior da Secretaría de Educación Pública e, de volta en Chiapas, director federal e estatal de Educación. Xubilouse en 1956.

En 1969 recibiu unha homenaxe en Oaxtepec, Morelos. Finou na Cidade de México o 10 de abril de 1971. Segundo a súa vontade, o 24 de abril dese ano as súas cinzas foron depositadas na Escola Normal de Ayotzinapa, onde permanecen na actualidade.

Notas[editar | editar a fonte]