Saltar ao contido

Red Nacional de los Ferrocarriles Españoles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «RENFE»)
Red Nacional de los Ferrocarriles Españoles
Logo
Tipoempresa ferroviária
Data de fundación24 de xaneiro de 1941
Data de disolución1 de xaneiro de 2005
SedeMadrid
PaísEspaña
Na rede
http://www.renfe.com/
BNE: XX116770
editar datos en Wikidata ]
Tren da serie 101 ofrecendo o servizo Euromed de grandes liñas ó seu paso por Benicarló-Peníscola
Tren da serie 104 ofrecendo un servizo Avant de Alta Velocidade de Media Distancia en Madrid-Puerta de Atocha
Tren "Civia" prestando un servizo de Proximidades

A Red Nacional de los Ferrocarriles Españoles, máis coñecida coma RENFE, era o organismo paraestatal español de transporte ferroviario existente como tal entre 1941 e 2004. En 2005 dividiuse en Adif, ente xestor das infraestruturas ferroviarias españolas, e Renfe Operadora, compañía que quedou coa explotación dos ferrocarrís.

Foi fundada o 24 de xaneiro de 1941 por mor da nacionalización de diversas compañías ferroviarias españolas, entre as que destacaban a Compañía de los Caminos de Hierro del Norte de España (1858-1941), a Compañía de los Ferrocarriles de Madrid a Zaragoza y Alicante, M.Z.A, (1856-1941) e a Compañía Nacional de los Ferrocarriles del Oeste e Ferrocarriles Andaluces, xa baixo tutela estatal, desde 1928 e 1936, respectivamente.

O obxecto da creación de RENFE foi rehabilitar a rede ferroviaria española, gravemente danada como consecuencia da guerra civil, ante a situación de quebra económica das empresas ferroviarias que ata entón explotaran a rede. RENFE explotou a rede ferroviaria española desde a súa creación en réxime de monopolio ata o día 31 de decembro de 2004.

A partir da década dos 70 e principalmente na dos 80, RENFE empezouse a rexer por unha política de rendibilidade económica, polo que todas aquelas liñas que non eran rendibles foron pechándose ao tráfico progresivamente. O 1 de xaneiro de 1985 pecháronse máis de 900 km de vías e liñas. Sirvan como exemplo o Santander-Mediterráneo, Andalucía-Levante (ferrocarril do Almanzora), o Valladolid-Ariza, a Vía da Prata etc.

Material móbil e produtos comerciais de Renfe

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Renfe Operadora.

División de Renfe

[editar | editar a fonte]

O 1 de xaneiro de 2005 finalizou o monopolio legal de RENFE e a empresa dividiuse en dúas:

  • Renfe Operadora, que se encarga do transporte de mercancías e pasaxeiros, en réxime de competencia con outras empresas. Tamén realiza o mantemento e fabricación de material ferroviario, participando en importantes proxectos nacionais e internacionais.
  • Adif (Administrador de Infraestruturas Ferroviarias), que xestiona vías, estacións, comunicacións etc., cobrando un canon ás empresas usuarias da rede, entre elas a Renfe Operadora.

Por mor das novas directivas económicas da Unión Europea, o Estado debía abrir a rede ferroviaria á competencia, polo que se dispuxo unha nova lexislación para o sector ferroviario (LSF, Lei 39/2003 do Sector Ferroviario), que en principio debía entrar en vigor o 1 de xuño de 2004, pero que se atrasou coa asunción do Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero ao 1 de xaneiro de 2005.

O 31 de decembro de 2004, RENFE fusionouse co entón Xestor de Infraestruturas Ferroviarias (GIF) e, minutos máis tarde, o día 1 de xaneiro de 2005, a Entidade Pública Empresarial Renfe-Operadora desprendíase de RENFE, que a partir dese momento comezou a chamarse Entidade Pública Empresarial Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif). Renfe Operador especializouse na prestación de servizos de transporte, mentres que Adif quedou coas funcións de atribución de capacidades, mantemento e construción de infraestrutura da Rede Ferroviaria de Interese Xeral (RFIG).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]