REC (filme)
| REC | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||
|
Instancia de
| |||||
|
Lingua orixinal
| |||||
|
Cor
| |||||
| Autoría | |||||
|
Director/a
| |||||
|
Guionista
| |||||
|
Director/a fotografía
| |||||
|
Editor/a de cine
| |||||
|
Actores
| |||||
| Temática | |||||
|
Tema principal
| |||||
|
Ambientado en
| |||||
| Publicación | |||||
|
Distribuidor/a
| |||||
|
Custo
| |||||
|
Formato de distribución
| |||||
|
Parte da serie
| |||||
|
Puntuación da crítica
| |||||
|
Premios
| |||||
|
Nomeamentos
| |||||
| Datas | |||||
| |||||
| Dimensión | |||||
| |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Identificadores | |||||
| |||||
| Fontes e ligazóns | |||||
| Wikidata | |||||
REC (estilado como [●REC]) é un filme español de terror coescrito e codirixido por Jaume Balagueró e Paco Plaza, que se estreou no 2007.[1] O filme foi rodado na cidade de Barcelona, e o título é unha abreviatura da palabra "record" que aparece na pantalla da cámara.
Balagueró e Plaza dirixiran previamente o documental de 2002 OT: la película.[2] REC foi rodado cun estilo de metraxe atopada e a técnica da "shaky camera". No 2008, estreouse o seu remake estadounidense, Quarantine.
É o primeiro título da serie REC, que tivo tres secuelas; REC 2 no 2009, REC 3: Génesis no 2012, e REC 4: Apocalipsis no 2014.[3] A compañía española Filmax International foi a responsable da produción da franquía REC e do lanzamento dos catro títulos.[4][5]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Cada noite, Ángela (Manuela Velasco), unha xove reporteira dunha televisión local, segue co seu cámara a un grupo profesional distinto. Esta noite tócalle entrevistar ós bombeiros e ten a segreda esperanza de poder ollar en directo un incendio. Pero a noite transcorre placidamente. Nestas, reciben a chamada dunha anciá que quedou pechada na súa casa, e non lle queda outra que seguilos durante a misión de rescate. No edificio onde vive a anciá, os veciños están moi asustados. A muller, encerrada no seu piso, lanza uns berros arrepiantes. Os bombeiros botan abaixo a porta e, seguidos por Ángela e o cámara, atopan á muller sen coñecemento, rodeada polos seus gatos. De súpeto, a muller lánzase sobre un bombeiro e trábao salvaxemente no pescozo. É só o comezo dun longo pesadelo e dunha dramática reportaxe única no mundo: cando os bombeiros se levan ó ferido, descobren que a única saída do edificio está bloqueada por orde das autoridades: o edificio foi posto en corentena e parece que un estraño virus se propaga no seu interior.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Manuela Velasco como Ángela Vidal
- Ferrán Terraza como Manu
- Jorge-Yaman Serrano como Policía xove
- Pablo Rosso como Pablo
- David Vert como Álex
- Vicente Gil como Policía máis vello
- Martha Carbonell como Señora Izquierdo
- Carlos Vicente como Guillem Marimón
- María Teresa Ortega como Avoa
- Manuel Bronchud como Avó
- Akemi Goto como Muller xaponesa
- Chen Min Kao como Home xaponés
- María Lanau como Mari Carmen, nai de Jennifer
- Claudia Silva como Jennifer
- Carlos Lasarte como César
- Javier Botet como Tristana Medeiros
- Ben Temple como Doutor
- Ana Velasquez como Rapaza colombiana
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 2007: Festival de Cine Fantástico de Sitges: Mellor director, mellor actriz (Manuela Velasco), Premio do Público.
- 2007: 2 Premios Goya: mellor actriz revelación (Manuela Velasco), mellor montaxe. Nomeada ós mellores efectos especiais.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "REC (2007)". The New York Times. Consultado o 9 de febreiro de 2015.
- ↑ Filmaffinity, ed. (2002–2013). "OT: la película" (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2013.
- ↑ Miska, Brad (6 de maio de 2013). Bloody Disgusting, ed. "Exclusive: ‘[REC]4 Apocalypse’ Teaser Poster Sees Red!". Consultado o 22 de xuño de 2013.
- ↑ Filmax International, ed. (2013). "[REC]3 GENESIS". Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2014. Consultado o 22 de xuño de 2013.
- ↑ Miska, Brad (29 de novembro de 2012). Bloody Disgusting LLC, ed. "Official ‘[REC] 4 Apocalypse’ Teaser Trailer Infects The Web!". Consultado o 22 de xuño de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)