R.O.A.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
R.O.A.

Tempo Wiking como as que se construirían en España por Tempo Onieva
TipoSociedade anónima
Fundación1952 - 1967
LocalizaciónMadrid España España
FundadorRafael Onieva Ariza
IndustriaTransporte
ProdutosAutomóbil
editar datos en Wikidata ]

R.O.A. foi un fabricante español de motocicletas e motocarros con sede en Barcelona de 1952 ata 1967.[1] Chegou a producir tamén un micro coche, aínda que sen éxito, e en colaboración con Barreiros, as furgonetas Tempo Onieva.

Historia da Compañía[editar | editar a fonte]

A empresa Industrias Motorizadas Onieva S.A. de Madrid elaboraba baixo a dirección de Rafael Ariza Onieva motocicletas, desde 1952 coa marca ROA (iniciais do seu nome Rafael Onieva Ariza). En 1958 na feira comercial en Barcelona presentou un micro coche. A produción de automóbiles terminou a mediados de 1959, aínda que a produción de motocicletas continuou ata 1967.

Vehículos[editar | editar a fonte]

Motos[editar | editar a fonte]

As motocicletas posuían un motor de dous tempos de Hispano Villiers. Montaban motores de 49 cc, 198 cc e 325 cc.

Automóbil[editar | editar a fonte]

O único modelo de desenvolvemento propio foi un de cabina en forma de ovo con tres rodas, no que o piloto estaba detrás do volante. Era similar ó BMW Isetta, pero, posuía unha distancia entre eixes máis longa e un beiril traseiro máis longo. O interior tiña espazo para dúas persoas. Montaban un motor monocilíndrico de dous tempos Hispano Villiers con 197 cc ou un bicilíndrico de 250 cc de cilindrada e 15 hp. O motor estaba montado na parte traseira e accionaba a roda traseira. Fabricaron só seis unidades, dos cales aínda existe polo menos un.

Ademais, en 1960 creou doce copias dunha camioneta de catro rodas, que parecíase á Farmobil alemá. Un motor BMW de dous cilindros de 600 cc motorizaba o vehículo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Autopasion18.com (ed.). "Historia de ROA". Historias de marcas. Consultado o 11.03.2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Harald Linz, Halwart Schrader: Die Internationale Automobil-Enzyklopädie. United Soft Media Verlag, München 2008, ISBN 978-3-8032-9876-8.
  • George Nick Georgano (Chefredakteur): The Beaulieu Encyclopedia of the Automobile. Volume 3: P–Z. Fitzroy Dearborn Publishers, Chicago 2001, ISBN 1-57958-293-1. (englisch)
  • S. Ewald: Enzyklopädie des Motorrads. Bechtermünz Verlag, Augsburg 1999, ISBN 3-8289-5364-6.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]