R-11 (mísil)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «R-11»)
Un mísil R-11 en exposición no Museo de Historia Militar do Distrito Militar Volga-Urais.

R-11 foi a denominación do primeiro mísil soviético que usou propelentes almacenables e desenvolvido a partir do mísil alemán Wasserfall pola OKB-1 de Korolev. Foi tamén coñecido polo seu índice GRAU como 8A61 e pola súa denominación OTAN como SS-1 Scud A, sendo o primeiro de varios modelos de mísil coñecidos baixo o nome de Scud.

Historia[editar | editar a fonte]

O R-11 xurdiu como unha arma transportable por estrada co fin de acercalo ao seus obxectivos sen necesitar un grande alcance, que sería similar ó das V-2 pero tendo a metade de tamaño e usando propelentes non crioxénicos (ácido nítrico e queroseno).

O primeiro voo dun R-11 tivo lugar o 18 de abril de 1953, atopándose problemas durante as probas, como a baixa calidade do queroseno empregado no mísil, perdas de propelente e pouca fiabilidade da ignición do motor. A pesar de todo, o exército veuno como máis prometedor que os mísiles de propelentes crioxénicos, preferidos por Korolev. O 13 de decembro de 1953 un decreto asignou a fabricación do R-11 á fábrica 385, situada nos Urais, previamente elixida (e finalmente descartada) para fabricar o R-1.

Tras dous anos de probas, o mísil foi aceptado para o servizo o 13 de xullo de 1955. Ademais decidiuse construír unha versión portable para submarinos, o R-11FM, que foi aceptada para servizo en 1959 aínda que nunca chegou a ser despregada.

Os problemas do R-11 orixinal foron resoltos, incluíndo o uso dunha nova combinación de propelentes, e unha versión máis avanzada pasou a denominarse R-11M, aceptándose para o servizo o 1 de abril de 1958.

O R-11 deu paso finalmente ao R-17, unha versión mellorada que foi exportada a outros países, sendo coñecido como Scud-B.

Características[editar | editar a fonte]

  • Peso: 5.337 kg
  • Pulo: 101,0 kN
  • Diámetro: 0,85 m
  • Envergadura: 1,80 m
  • Lonxitude: 10,67 m
  • Carga útil: 699 kg
  • Apoxeo: 160 km
  • Alcance máximo: 160 km
  • CEP: 5,16 km
  • Velocidade máxima: 5160 km/h
  • Fabricados: 105

Notas[editar | editar a fonte]

  • Wade, Mark (2011). "R-11" (en inglés). Consultado o 23 de agosto de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]