Róisín McLaren

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRóisín McLaren

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de outubro de 1994 Editar o valor em Wikidata (29 anos)
Edimburgo, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónGeorge Heriot's School (pt) Traducir
Scotland's Rural College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica , activista climática Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Twitter: RoisinMcLaren Editar o valor em Wikidata

Róisín Mary Bridget McLaren, nada en Edimburgo o 12 de outubro de 1994, é unha activista polo clima británica e co-portavoz nacional do Partido Socialista Escocés (SSP, polas súas siglas en inglés).

Vida persoal[editar | editar a fonte]

McLaren naceu en Edimburgo antes de mudarse a Livingston e logo a West Calder, onde pasou a maior parte da súa infancia. O seu bisavó era mineiro de xisto e membro do Partido Laborista Independente en West Calder.[1] O seu pai era membro do Partido Comunista de Gran Bretaña e despois foino da Esquerda Democrática de Escocia.[2] A súa nai foi membro do Partido Socialista dos Traballadores. A súa familia era partidaria de votar "Si" no referendo de 1979 para a reinstauración da asemblea lexislativa en Escocia.

Asistiu á Academia de St. Kentigern antes de recibir un posto de "fundadora" na Escola de George Heriot.[3] Logo estudou Xestión Ambiental Sustentable no Colexio Rural de Escocia.[4] McLaren ten interese na cetraría.[5]

Carreira política[editar | editar a fonte]

McLaren uniuse ao Partido Nacional Escocés en 2010. En 2013, uniuse á Asociación Nacionalista Escocesa da Universidade de Edimburgo e converteuse na presidenta da sociedade.[6] Foi unha organizadora destacada da campaña "Yes Scotland" no campus da Universidade de Edimburgo.[7] En 2014, participou no debate do campus sobre a independencia escocesa, instando á audiencia para aproveitar o impulso da campaña "Yes Scotland" para "crear un país socialmente responsable para as futuras xeracións".

McLaren uniuse ao Partido Socialista Escocés en 2017. Asistiu á conferencia da Scottish Independence Convention que levaba por título "Build: Bridges to Indy" e, nunha entrevista co xornal Scottish Socialist Voice, afirmou que "se a independencia ten que ver con algo, é con mellorar as vidas das persoas da clase traballadora".[8]

En novembro de 2017, McLaren escribiu no xornal The Guardian para chamar a atención sobre os contratos de cero horas e a política do SSP dun salario mínimo de 10 libras.[9] En decembro do mesmo ano, escribiu un artigo conxunto co actual Secretario Nacional do SSP, Hugh Cullen, en Conter, un blog radical pro-independentista, no que salientaban a necesidade dun partido socialista ben organizado e partidario da independencia de Escocia.[10]

O 2 de xuño de 2018, McLaren presidiu unha sesión na Connolly150, unha conferencia internacional organizada ao redor da figura do obreiro irlandés e socialista James Connolly, que reuniu a conferenciantes de todo o mundo paia debater e celebrar a súa vida e as súas ideas.[11] Uns meses máis tarde, o 10 de novembro de 2018, foi elixida co-portavoz nacional do Partido Socialista Escocés, vencendo a Frances Curran, e foi nomeada paia dirixir o grupo de acción sobre cambio climático do SSP.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Roisin McLaren: Socialism offers Scots a positive post-indy vision" (en inglés). 
  2. Bathurst, Bella (9 de maio de 2014). "Scottish independence: what young Scots want" (en inglés). 
  3. "Quadrangle: George Heriot's School Development Newsletter" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de novembro de 2018. Consultado o 05 de maio de 2021. 
  4. "PressReader.com - Connecting People Through News". 
  5. "Róisín McLaren" (en inglés). 
  6. "PIR Society hosts heated debate on Scottish Independence". studentnewspaper.org. Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2021. Consultado o 2021-06-03. 
  7. "Scotland referendum: Emotions mount on final day of Scottish campaign" (en inglés). 
  8. Macdonald, Scott (17 de novembro de 2017). "Build Bridges to Indy - SIC 2017 | Scottish Socialist Voice Report". 
  9. "Millennials struggling to make ends meet | Letters" (en inglés). 21 de novembro de 2017. 
  10. "The Challenge For Young Radicals". Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2019. Consultado o 05 de maio de 2021. 
  11. "Connolly150 Conference". 9 de abril de 2018. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2021. Consultado o 05 de maio de 2021. 
  12. "SSP Executive Committee 2018/2019 election results » Scottish Socialist Party". 11 de novembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2019. Consultado o 05 de maio de 2021.