Río de San Mamede, río Miño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Río de San Mamede
Río de San Mamede, Río Miño 2XII2015.jpg
Pasarela sobre o río de San Mamede, preto do Chao do Monte, Lugo
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaGalicia Galicia
NacementoXesús de Nazaret[1]
Altitude465 m [Cómpre referencia]
Lonxitude6,56 km [Cómpre referencia]
DesembocaduraRío Miño[1]
Altitude desembocadura358 m [Cómpre referencia]
Cadea fluvialRío de San Mamede,
Río Miño
Hidrogalicia rio minno.svg
Conca do río Miño no territorio galego

O río de San Mamede é un afluente pouco caudaloso do curso alto do río Miño pola súa marxe esquerda.

Curso[editar | editar a fonte]

Nace co nome de rego de San Cibrao preto do lugar de Xesús de Nazaret (Bóveda, Lugo). Recibe as augas do rego de Penadarca pola marxe esquerda entre dúas graveiras e un vertedoiro. Preto de Luxilde recibe o rego de Mollapán pola marxe esquerda. Cambia de nome a río de San Mamede tras pasar a vía do tren preto de Buratai. Á altura de Malle recibe pola marxe esquerda o rego de Malle, xusto antes de atravesar a autovía A-6 e introducirse na parroquia de Santo André de Castro. Na Ponte do Castro, no lugar do Cuco recibe pola marxe esquerda o rego dos Foxos, e dende a xunta sae o canal que alimenta o muíño. Finalmente desemboca no río Miño entre o Chao do Monte e a nova depuradora de Lugo.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Xunta de Galicia. "Mapa de fondo: Mapa Base Vectorial. Procura territorial provincia Lugo, concello Lugo, parroquia Bóveda, lugar Xesús de Nazaret" (Mapa). Mapa Base Vectorial con capas de Hidrografía. 1:2.257. Información Xeográfica de Galicia. Consultado o 8/05/2016.