Saltar ao contido

Xesús de Nazaret, Bóveda, Lugo

Xesús de Nazaret
ParroquiaBóveda
ConcelloLugo
Coordenadas43°00′48″N 7°30′42″O / 43.013438200194, -7.5117322619986
Poboación37 hab. (2024)
[ editar datos en Wikidata ]

Xesús de Nazaret é un lugar da parroquia de Bóveda no concello lugués de Lugo na comarca de Lugo.

Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 37 habitantes (21 homes e 16 mulleres)[1].

O lugar naceu a finais de 1973 como un poboado de chabolas en terreos municipais para albergar as persoas xitanas que a finais da década de 1950 chegaran á cidade de Lugo e comezaran a asentarse en Fingoi.[2] O lugar coñecíase en orixe como poboado do Carqueixo pola proximidade a esoutra aldea.[3][4] O concello construíu vivendas e urbanizou o lugar, que pasou a nomearse como Nazaret en referencia á vila de Nazaret, onde segundo a tradición pasou a súa infancia Cristo. Na década de 1980 construíuse unha escola.

En decembro de 2003 vivían alí 225 persoas.[5] As vivendas derrubáronse anos despois, e a poboación foi realoxada en diferentes lugares da cidade de Lugo,[6] se ben o lugar seguiu a ser habitado.[7]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Bóveda

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Bóveda no concello de Lugo (Lugo)

Abeledo | Barbaín | Bóveda | Buratai | O Carqueixo | O Castro de Bóveda | Coeo | Farxocos | Luxilde | Malle | Xesús de Nazaret

Parroquias de Lugo

[editar | editar a fonte]