Río Zézere

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Zézere
Tejo em Constancia.JPG
{{{lenda}}}
País Portugal
Rexión n/d
Nacemento n/d
Altitude n/d
Lonxitude 242 km
Caudal medio
Conca n/d
Desembocadura Río Texo

O Zézere (en grafía portuguesa Zêzere) é un río portugués que nace na serra da Estrela, a cerca de 1900 m de altitude, xunto ao Cântaro Magro, onde define un val glaciar. Seguindo para suroeste, conflúe co rio Texo ao oeste da localidade de Constância, despois dun curso de cerca de 242 quilómetros.

Características[editar | editar a fonte]

O río Zézere é o segundo maior rio exclusivamente portugués, tras o río Mondego. Os seus principais afluentes na marxe dereita son: o río Alge, o río Cabril, a ribeira de Unhais, o río Nabão, a ribera de Paul e a ribeira de Pêra. Na marxe esquerda recibe o ribeira de Bogas, a ribeira de Río Caria, a ribeira da Malhadancha, a ribeira da Isna, a ribeira de Meimoa, a ribeira da Sertã e a ribeira de Teixeira.

Da súa conca hidrográfica con 5043 km², 1056 km² pertencen ao rio Nabão. Os grandes desnivéis, aliados ao volume de auga (por vezes superior a 10.000 m3/s), representam unha notábel riqueza hidroeléctrica, aproveitada en três encoros: o de (Bouçã, o de Cabril e a presa de Castelo de Bode), que producen anualmente 700 millóns de kW/hora.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Zézere