Río Palancia
Río Palancia | |
---|---|
O Palancia en Viver | |
País | España |
Nacemento | Peñaescabia |
Altitude | 1.618 msmn |
Lonxitude | 85 km |
Conca | 910 km² |
Caudal medio | 0,0025 m³ |
Desembocadura | Mar Mediterráneo |
Localización do río Palancia | |
O Palancia (en valenciano: Palància) é un río do norte da Comunidade Valenciana, que, logo de atravesar parte das provincias de Castelló e de Valencia, rende as súas augas ao mar Mediterráneo despois de percorrer 85 km.
Curso
[editar | editar a fonte]O Palancia nace na Peñaescabia, na serra del Toro, na vertente oriental da serra do Javalambre), a 1.618 metros de altitude. Forma o eixe fluvial das comarcas do Alt Palància, á que dá nome, e o Camp de Morvedre e desemboca no Mediterráneo, no concello de Sagunt. A área da súa conca é de 910 km² e o seu caudal medio é de 2,5 l/s en Viver.
Outros nomes
[editar | editar a fonte]No seu treito alto o Palancia goza de augas de moita calidade. O río na comarca do Alt Palància pasa pola súa capital, Sogorb, pola que tamén é coñecido como o río de Sogorb. Como tamén pasa por Sagunt, xa preto da desembocadura, era aínda denominado o río de Morvedre, nome antigo desa cidade.
Encoros
[editar | editar a fonte]- Encoro de Regajo, de 6,6 hm³
- Encoro de Algar, de 6,29 hm³
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Río Palancia, na web da Confederación Hidrográfica do Xúcar