Saltar ao contido

Río Limarí

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Limarí
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaRexión de Coquimbo, Chile Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónHurtado River (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativamar a fóra Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Mapa
 30°35′27″S 71°09′57″O / -30.5908, -71.1658
30°43′46″S 71°42′01″O / -30.7294, -71.7003
Afluentes
Conca hidrográficaLimari Basin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións64 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica11.696 km² Editar o valor en Wikidata

O río Limarí é un río que se atopa na rexión de Coquimbo, en Chile. Nace da confluencia dos ríos Hurtado e Grande, catro quilómetros ao leste da cidade de Ovalle.[1] O curso inferior do río bordea a parte sur do Parque Nacional Bosque Fray Jorge.

Esta conca inclúe a presenza da palmeira chilena, mais actualmente vese ameazada pola crecente poboación humana no centro de Chile.

Conca do río Limarí.

A conca do río Limarí atópase na rexión de Coquimbo, entre as concas do río Elqui ao norte e o río Choapa ao sur. Esténdese entre as latitudes 30°15' e 31°20' sur, nunha área próxima aos 11800 km².

O río está formado pola confluencia dos ríos Grande, que drena a parte sur da conca do Limarí, e Hurtado, que drena a parte norte. Ámbolos teñen a súa orixe na Cordilleira dos Andes, mais o río Grande ten unha conca dúas veces maior cao río Hurtado.

O río Grande recibe varios afluentes notables, os máis importantes son o río Cogotí, río Mostazal, río Rapel (Limarí), río Guatulame, río Tascadero, río Molles, río Pama e o río Combarbalá.[1]

O río Grande e o río Hurtado conflúen a uns catro quilómetros augas arriba da cidade de Ovalle, capital da provincia do Limarí. Dende aquí o río percorre preto de 70 quilómetros até chegar á súa desembocadura no océano Pacífico, na localidade de Punta Limarí. No seu treito inferior, o río recibe escasos afluentes debido á escaseza de precipitacións na rexión, sendo o último dos seus afluentes o Punitaqui.

No seu traxecto dende Ovalle até o mar, o río Limarí flúe por vales moi abertos, forte e repetidamente aterrazados con boas terras de cultivo. Preto do mar, o val diminúe o seu ancho notablemente e entrega as súas augas por unha canle de máis ou menos 500 m de ancho.

Na súa desembocadura atópase o Parque Nacional Fray Jorge e o río atravesa a cordilleira de Talinay.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]