Río Leza
Río Leza | |
---|---|
![]() | |
País | España |
Nacemento | Serra de Camero Viejo |
Lonxitude | 44,7 km |
Conca | 530 km2 |
Desembocadura | Río Ebro |

O río Leza é un afluente do río Ebro, que transcorre pola comunidade autónoma española da Rioxa ao longo de 44,7 km.
Curso[editar | editar a fonte]
O Leza nace na serra de Camero Viejo, cruza as comarcas de Camero Viejo e Logroño e desemboca no Ebro, preto de Agoncillo. A súa conca hidrográfica cobre unha área de 530 km2.
Afluentes[editar | editar a fonte]
O seu principal tributario é o Jubera, que se lle une pola beira dereita.
Localidades no seu curso[editar | editar a fonte]
O río baña as localidades de Laguna de Cameros, Cabezón de Cameros, Jalón de Cameros, San Román de Cameros, Terroba, Soto en Cameros, Leza de Río Leza, Ribafrecha, Murillo de Río Leza e Agoncillo.