Río Foix
| Tipo | curso de auga | |||
|---|---|---|---|---|
| Inicio | ||||
| Altitude inicial | 690 m | |||
| División administrativa | La Llacuna, España | |||
| Localización | serra d'Ancosa (en) | |||
| Final | ||||
| División administrativa | Garraf, España | |||
| Localización | Cubelles | |||
| Desembocadura | Mar Mediterráneo | |||
| ||||
| Características | ||||
| Dimensións | 41 ( | |||
| Superficie da cunca hidrográfica | 311,9 km² | |||
O río Foix é un pequeno río con escaso caudal de auga que desemboca formando un pequeno delta na praia de Cubelles, na provincia de Barcelona. O seu réxime de augas é o típico dos ríos mediterráneos estando caracterizados por non levar gran volume de auga durante o ano excepto nos episodios de choivas torrenciais de primavera e, sobre todo, de outono.
Na zona do río próxima a Castellet i la Gornal hai unha presa que retén a maior parte do caudal de auga que pasa por el. Esta presa utilízase exclusivamente para almacenar auga, e non para conseguir enerxía eléctrica como en moitas outras. A cantidade de auga que flúe polo Foix é, debido ao clima seco a zona e a pouca cantidade de afluentes, moi escasa.
A conca do Foix forma parte das Concas Interiores de Cataluña xestionada pola Agència Catalana de l'Aigua.
