Río Fervedoira
Aparencia
Fervedoira | |
---|---|
Río Fervedoira preto do barrio homónimo, en Lugo. | |
País | España |
Comunidade Autónoma | Galicia |
Nacemento | Outeiro de Fompedriña, preto de Vilachá, Lugo.[1] |
Altitude | 578 m |
Lonxitude | 11,5 km |
Desembocadura | Río Rato[2] |
Altitude desembocadura | 394 m |
Cadea fluvial | Río Fervedoira, Río Rato, Río Miño |
Conca do río Miño no territorio galego | |
O río Fervedoira é un afluente do río Rato que discorre polo nordeste do concello de Lugo.
Curso
[editar | editar a fonte]Nace nas Carreciñas a 578 m de altitude, ó pé do Outeiro de Fompedriña, próximo á aldea de Vilachá, na parroquia de Labio, en Lugo [1]. Adéntrase na parroquia de Rubiás, onde recibe o rego de Vilariño pola marxe esquerda e o rego Abelairas pola marxe dereita [1]. Divide despois as parroquias de Pedreda e Santa María de Muxa, onde o cruza a autovía A-6 [1]. Finalmente aproxímase á cidade polo barrio de Galegos e desemboca no río Rato, que dende ese punto se coñece tamén como río da Chanca.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Instituto Geográfico Nacional de España. "SIXPAC, coordenadas 43°03'48.0"N 7°28'38.1"W" (Mapa). Visor SIXPAC. Consultado o 08/06/2019.
- ↑ Instituto Geográfico Nacional de España. "SIXPAC, coordenadas 43°00'52.4"N 7°32'43.7"W" (Mapa). Visor SIXPAC. Consultado o 08/06/2019.