Río Anduriña
Aparencia
Río Anduriña | |
---|---|
Nacemento | serra de Queixeiro (Monfero) |
Lonxitude | 6,1 km |
Desembocadura | río Baxoi |
O río Anduriña é un río galego, principal afluente do río Baxoi. Ten unha lonxitude aproximada de 6,1 quilómetros.
Descrición[editar | editar a fonte]
Nace en Monfero ao pé da serra de Queixeiro preto do lugar de Primoi. Atravesa a parroquia de Queixeiro nos primeiros tramos, sendo coñecido aquí como regato do Porto e recibindo as augas do rego do Vite, principal afluente.
Pouco antes do lugar do Porto, comeza a facer de fronteira entre os concellos de Monfero e Vilarmaior, función que non deixa ata a súa desembocadura no río Baxoi.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Visor IBERPIX Arquivado 13 de decembro de 2013 en Wayback Machine. do Instituto Xeográfico Nacional.
![]() |
Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |