Río Amstel
| (nl) Amstel | ||||
| Tipo | río canle | |||
|---|---|---|---|---|
| Inicio | ||||
| División administrativa | Holanda Setentrional, Países Baixos | |||
| Final | ||||
| División administrativa | Ámsterdam, Países Baixos | |||
| Localización | Río IJ | |||
| ||||
| Afluentes | ||||
| Características | ||||
| Dimensións | 31 ( | |||
O Amstel é un río nos Países Baixos que flúe a través da cidade de Ámsterdam. O seu nome provén de Aeme stelle, en neerlandés antigo "zona con abundante auga".
Xeografía
[editar | editar a fonte]O río orixinariamente comezaba cando dous pequenos ríos, o Drecht e o Kromme Mijdrecht, se xuntaban un pouco ao sur de Uithoorn. Despois da construción dun canal, o Amstel-Drecht Kanaal, o río agora nace onde o Drecht e outro canal, o Aarkanaal, xúntanse entre si, preto da cidade de Nieuwveen.
A foz do río está en Ámsterdam, onde se desembocaba na baía do IJ. Porén, en 1936 a última parte do río, chamada Rokin foi enchida, polo que agora o río remata na praza Spui, aínda que segue conectado co IJ por unhas tubaxes soterradas.
Illa de Amstel
[editar | editar a fonte]O río contén unha soa illa, chamada sinxelamente Amsteleiland (Illa de Amstel). A única estrada que a atravesa pertence a Ouderkerk aan de Amstel, mais a illa en si é parte do municipio de Amstelveen. Ten unha superficie aproximada de 0,05 km².
Galería de fotos
[editar | editar a fonte]
- Ponte Magere Brug
- Oostermeer
- Amstel de noite
