Rántaro, o ninja pequeno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rántaro, o ninja pequeno
忍たま乱太郎 (Nintama Rantarō)
Formato Aventuras, Acción, Comedia, Drama, Shōnen
Creado por Amako Soube
Intérpretes Animación
Tema de apertura Yuuki 100%
País de orixe Flag of Japan.svg Xapón
Episodios 1.660
Produción
Duración 24 minutos
Distribuidor Motion Pictures
Emisión orixinal
Canle de orixe Fuji TV
Formato de imaxe 4:3
Emisión 10 de abril de 1993
Ligazóns externas
Páxina web
Este artigo amosa escritos xaponeses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Rántaro, o ninja pequeno (忍たま乱太郎, Nintama Rantaro?) é unha serie xaponesa de manga e anime de Amako Soube. Pertence ao xénero de aventuras e acción (shonen).

En Galicia a serie foi estreada na tvG2 o 8 de marzo do 2013. Dobráronse ao galego 104 episodios.

Argumento[editar | editar a fonte]

Rántaro é o fillo dun ninja, o mesmo cós seus avós e tataravós. Seu pai, que pertence a unha familia de ninjas comúns, envía a Rántaro a unha escola especial para que se converta nun ninja de elite e lle dea honra á súa familia. Pero na escola, ademais de haber nenos, hai nenas e isto ha provocar situacións divertidas entre eles.

Unha vez iniciado o adestramento, Rántaro cae na conta do duras que son as ares ninjas. Os seus mestres hanse emperrar en que el e mais os seus dous mellores amigos, Ximbé e Kirimaru, poidan pasar todas as probas. Xuntos formarán o grupo dos ninjas landra. Ademais, as rapazas landra kunoichi aportarán moitas tramas e diversión na escola.

Isto e moitos inimigos que tentarán botar a escola abaixo crearán as tramas da serie.

Episodios[editar | editar a fonte]

Esta é unha listaxe dos episodios da serie Rántaro, o ninja pequeno, segundo a numeración establecida na tvG2, que nalgúns casos se corresponde coa orixinal xaponesa. Dobráronse e emitiranse un total de 104 episodios.

# Título Data de emisión en Galicia Data de emisión no Xapón
01 O primeiro día na escola ninja / As terribles rapazas kunoichi 8 de marzo de 2013 10 de abril de 1993
02 Un ninja moi estraño / O director e as súas ideas 11 de marzo de 2013 17 de abril de 1993
03 Ximbé desaparece / O ninja gracioso 12 de marzo de 2013 24 de abril de 1993
04 Unhas vacacións emocionantes / Ximbé sospeitoso 13 de marzo de 2013 1 de maio de 1993
05 Maki o samurai / Quen é o máis forte de todos? 14 de marzo de 2013 8 de maio de 1993
06 Entrando na escola Kunoichi / Onde está Ximbé? 15 de marzo de 2013 15 de maio de 1993
07 O ninja xenial / Alá imos 18 de marzo de 2013 22 de maio de 1993
08 O torneo de artes marciais / Unha fermosa amizade 19 de marzo de 2013 29 de maio de 1993
09 O mensaxeiro secreto / Cara ao castelo da cebola 20 de marzo de 2013 5 de xuño de 1993
10 O pirata que sabía nadar / Enfermos de amor 21 de marzo de 2013 12 de xuño de 1993
11 Un asasino persegue o mestre Denzo / Clase coas Kunoichi 22 de marzo de 2013 19 de xuño de 1993
12 Adestramento no monte do Cogomelo / Outra vez Maki o espadachín 25 de marzo de 2013 26 de xuño de 1993
13 A vinganza do pai / Sen vacacións de verán 26 de marzo de 2013 3 de xullo de 1993
14 O pergamiño do director / Unha mensaxe de Deus? 27 de marzo de 2013 10 de xullo de 1993
15 O rei do Castelo da Pasa / Roubémoslles toda a comida 28 de marzo de 2013 17 de xullo de 1993
16 O barco novo de Hiogo III / O señor Hipohietta 29 de marzo de 2013 24 de xullo de 1993
17 A desculpa de Ximbé / Varias maneiras de pasar o outono 1 de abril de 2013 31 de xullo de 1993
18 Xente con problemas / A espada máxica 2 de abril de 2013 7 de agosto de 1993
19 A cunca desaparecida / A residencia do señor Hashiro 3 de abril de 2013 14 de agosto de 1993
20 O irmán superior / O cogomelo fantasma 4 de abril de 2013 21 de agosto de 1993
21 Demasiada diversión nas vacacións / O alumno do que máis se falou 5 de abril de 2013 28 de agosto de 1993
22 Os irmáns Ten e Xu / O frío vento do outono 8 de abril de 2013 4 de setembro de 1993
23 Jun e Junko / Que é Uve Be Efe Eme? 9 de abril de 2013 11 de setembro de 1993
24 O vaso do tesouro / Traballando por nada... Outra vez 10 de abril de 2013 18 de setembro de 1993
25 Axudando na vinganza / Sopa de polo 11 de abril de 2013 25 de setembro de 1993
26 Demasiada diversión nas vacacións / O alumno do que máis se falou 12 de abril de 2013 2 de outubro de 1993
27 O ninja tranquilo/ O ninja impaciente 15 de abril de 2013 9 de outubro de 1993
28 Eu non son o típico amarrado / O boneco de vodú 16 de abril de 2013 16 de outubro de 1993
29 Temos que protexer a nosa clasa / Kirimaru o alborotador 17 de abril de 2013 23 de outubro de 1993
30 O cartel da porta roubado / O segredo do cartel da porta 18 de abril de 2013 30 de outubro de 1993
31 Onde está a princesa? / O bandido traballador 19 de abril de 2013 30 de outubro de 1993
32 O novo cociñeiro / O anaco de alfombra 22 de abril de 2013 6 de novembro de 1993
33 Ven mamá á escola / Ascenden a papá 23 de abril de 2013 13 de novembro de 1993
34 A apócema do veleno / O erro de Kirimaru 24 de abril de 2013 20 de novembro de 1993
35 O concurso de Shurikens / O menú queimado 25 de abril de 2013 27 de novembro de 1993
36 Moedas falsas / Quen é o verdadeiro delincuente? 26 de abril de 2013 4 de decembro de 1993
37 O rifle roubado / Combate no castelo do veleno 29 de abril de 2013 25 de decembro de 1993
38 O exame de recuperación / Onde están os peixes? 30 de abril de 2013 15 de xaneiro de 1994
39 Alguén ocupou a cafetería / Augas termais 1 de maio de 2013 22 de xaneiro de 1994
40 Hem Hem desapareceu / Devolvédenos a Hem Hem 2 de maio de 2013 29 de xaneiro de 1994
41 O templo da salchicha / Hai que vencerlles aos de segundo 3 de maio de 2013 5 de febreiro de 1994
42 Os catro magníficos / Encontrade o punto débil 6 de maio de 2013 12 de febreiro de 1994
43 Estou farto de máis / Todos finximos 7 de maio de 2013 19 de febreiro de 1994
44 O catarro da cociñeira / Ben feito, Kirimaru 8 de maio de 2013 12 de marzo de 1994
45 Quero ser mestre / Un amencer fermoso 9 de maio de 2013 19 de marzo de 1994
46 O ninja do bebé / Quero botar unha soneca / O quincalleiro 10 de maio de 2013 3, 4 e 5 de outubro de 1994
47 O gran delegado da clase / A forma verdadeira da mestra Shina / Maki non escarmenta 13 de maio de 2013 6, 7 e 13 de outubro de 1994
48 Un ninja de elite / Quen é o da mirada penetrante? / Un ninja con sorte 14 de maio de 2013 10, 11 e 12 de outubro de 1994
49 Non imos deixar que as Kunoichi nos gañen / Adoro as cousas escorregadizas / O exame de Kirimaru 15 de maio de 2013 14, 20 e 21 de outubro de 1994
50 A clase suplementaria / Díxenllo eu / O ninja ten que ser guapo 16 de maio de 2013 17, 18 e 19 de outubro de 1994

Dobraxe[editar | editar a fonte]

  • Estudio: Soundub (Santiago de Compostela).
  • Data: 2012-2013.
  • Dirección: Xoán Carballido.
  • Tradución:
  • Elenco da dobraxe:
Personaxe Actor de dobraxe
Galicia
Actor orixinal
(Seiyū) Flag of Japan.svg
Rántaro Inadera Antía Jiménez Minami Takayama
Ximbé Fukutomi Ana Santos Teiju Ichiryusai
Kirimaru Settsuno Daniel Lema Mayumi Tanaka
Kisanta Yamamura Kotono Mitsuishi
Yuki Mariko Koda
Shige Ookawa Alfonso Agra Akiko Muta
Tomomi Hiroko Emori
Yamada Denzo Xoán Carballido  ?
Doi Hansuke Norberto Vilanova Toshihiko Seki

Música[editar | editar a fonte]

Para interpretar os diferentes temas do anime os responsábeis da serie levan contratando desde os seus inicios a diferentes grupos de pop xaponés moi aclamados no seu país. Este é o tema de apertura e peche que se emitiu na versión galega, que se corresponde coa primeira apertura da versión xaponesa,[1] e os capítulos nos que soa:

  • 1. "Yuuki 100%" de Hikaru Genji. (Eps. 1-104).

"Estás triste, pero antes sorriches.
Todo pode cambiar.
A esperanza vive no teu corazón.
Incluso a podes tocar
..."

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Debido ás restricións do copyright e a incompatibilidade coa licenza da Wikipedia só se presenta, como cita, o comezo do texto de cada canción.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rántaro, o ninja pequeno

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]