Quique Roxíos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaQuique Roxíos
Biografía
Nacemento1964 Editar o valor em Wikidata (59/60 anos)
Boal, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Oviedo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , funcionario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata


Enrique González Álvarez, coñecido literariamente co sobrenome de Quique Roxíos, nado en Boal en 1964, é un escritor asturiano en lingua galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no lugar de Roxíos, situado dentro da parroquia de Boal. Estudou Dereito na Universidade de Oviedo e exerce como funcionario de xustiza. Foi un dos socios fundadores da Mesa prá Defensa del Galego de Asturias[1] e colaborou con diversas publicacións periódicas como Ámbitu, La Voz de Asturias ou A Freita. Publicou no ano 1999 o poemario Teño dolo da túa risa (Suplemento Literario “O Espello” da revista “A Freita”), en 2002 o libro de contos Debaxo de nabis, sapis (Colección “Castelo das letras” da MDGA) e en 2018 o libro de poesías Personaxe desconocido, (Editorial Canela) composto por tres poemarios incluído o que lle dá título que gañou[2] o XVII Certame de Poesía Andoriña Voandeira da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Quique de Roxíos "Vivir sin patria que atenda lo tou", Sermos Galiza, 23 de febreiro de 2017
  2. "El poeta de Boal Quique Roxíos gana un premio de poesía en gallego en el País Vasco", El Comercio, 20 de xuño de 2017