Pussy, Savoia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista da vila.

Pussy (lingua francesa: ['pysi]) é unha poboación francesa da comuna de La Léchère, no departamento de Savoia. Está situado na ladeira oriental de Mont Bellachat por riba da marxe esquerda do Isère, a 9 km ao noroeste de Moûtiers.

Abrangue unha área de 18 km². A igrexa local, dedicada a san Xoán Bautista, foi reconstruída en 1669. En 1561 a poboación foi rexistrada en 1455 persoas, 548 en 1776 e 276 en 1979. Canda a outras pequenas poboacións, en 1972 foi integrada na comuna de La Léchère con fins administrativos.

O nome deriva do antropónimo masculino Pussius, que se refire ao dono do lugar na época do Imperio romano.