Saltar ao contido

Punta Camarinal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaPunta Camarinal
Imaxe
Tipocabo Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaProvincia de Cádiz, España e Tarifa, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 36°05′00″N 5°48′01″O / 36.08347, -5.80014
Bañado porEstreito de Xibraltar Editar o valor en Wikidata

A punta Camarinal é un cabo español situado na vertente atlántica do norte do estreito de Xibraltar, na localidade gaditana de Tarifa. O faro de Camarinal, a pesar coincidir no nome, atópase no próximo cabo de Gracia, situado ao oeste.

A punta está formada polos últimos contrafortes do monte Camarinal, á súa vez pertencentes á serra da Plata. Aos lados da punta Camarinal fórmanse dúas praias: cara ao oeste, a pequena praia do Cañuelo, que se estende ata o cabo de Gracia e, cara ao leste, a praia de Bolonia, que se estende ata punta Paloma.

Nesta última praia, as areas forman sobre a punta Camarinal a Duna de Bolonia, monumento natural de especial importancia por ser un dos mellores exemplos de duna activa da costa andaluza. Entre a punta Camarinal e punta Paloma así mesmo fórmase a enseada de Bolonia. Ambos os cabos, así como o seu máis inmediato ámbito mariño, atópanse actualmente protexidos dentro do Parque Natural do Estreito.[1]

  1. Consellería de Medio Ambiente, Xunta de Andalucía (ed.). "PORN Parque Natural del Estrecho" (PDF). Consultado o 27 de febreiro de 2011.