Duna de Bolonia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 36°05′17″N 5°47′03″O / 36.08806, -5.78417

Duna de Bolonia
A praia de Bolonia coa duna ao fondo.

A duna de Bolonia é unha duna de area de máis de 30 metros de altura situada ao noroeste da enseada de Bolonia, en dirección a punta Camarinal, na costa atlántica da provincia de Cádiz. Está protexido como Monumento Natural por parte da Xunta de Andalucía.[1]

Orixe e estrutura[editar | editar a fonte]

Trátase dunha acumulación de area formada polos ventos dominantes de levante ao chocar frontalmente co final da enseada. A liña de costa da praia de Bolonia ten unha orientación sueste-noroeste e o vento de levante eleva e proxecta unha corrente de area fina que varre a superficie da praia ata chegar ao final da enseada, onde esta corrente choca co peche da enseada, case perpendicular. O final da enseada ten un pequeno substrato de roca, máis visible cara ao oeste, que xunto a vexetación de piñeiro e sotobosque frea a area e provoca a formación da duna, de máis de 30 metros de altura e máis de 200 metros terra dentro, nunha anchura duns 500 metros.

O final da duna é máis ou menos estable, en continua loita entre os piñeiros por crecer e a area por avanzar, pero non avanza continuamente, xa que a altura da duna excede a das árbores e o forte vento leva a area sobrante lonxe da duna.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Consellería de Medio Ambiente, Xunta de Andalucía (ed.). "Monumento Natural Duna de Bolonia". Consultado o 12 de abril de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]