Punishment of Luxury
Punishment of Luxury | |
---|---|
Orixe | Newcastle upon Tyne, Inglaterra |
Período | 1976 - 1984 1989 2007 - presente |
Xénero(s) | post-punk |
Selo(s) discográfico(s) | Small Wonder, United Artists, Liberty, Red Rhino |
Membros | Brian Bond Neville Luxury Steve Sekrit Jimi Giro |
Antigos membros | Red Helmet Les Denham Tim Magenta Rab Aitch David Thompson Eddie Hall Tony Wright |
Na rede | |
Punishment of Luxury, tamén coñecida como Punilux, é unha banda inglesa de post-punk formada en Newcastle no ano 1976. O grupo separouse en 1984, pero reuniuse brevemente a finais dos anos 80. Punilux volvería a reunirse en 2007, permanecendo activa dende entón.
Historia
[editar | editar a fonte]Dun pasado traballando en grupos de teatro marxinais ingleses, Punishment Of Luxury formouse en decembro de 1976 en Newcastle.[1] Collendo o seu nome dunha pintura de 1891 de Giovanni Segantini na Walker Art Gallery de Liverpool,[2] inicialmente a banda estaba formada por Brian Bond (nado Brian Rapkin) nas voces, Neville Luxury (nado Neville Atkinson) na guitarra e voces, Red Helmet na guitarra e voces, Jimi Giro no baixo e voces, w "Liquid" Les Denham na batería.[1][3]
En xullo de 1978 a banda publicou o sinxelo "Puppet Life" a través do selo Small Wonder.[1] En 1979 fichou por United Artists e lanzou o sinxelo "Engine Of Excess" con Mick Avery na batería, e despois xa con Steve Sekrit (nado Steven Robson) nas baquetas editou "Secrets" e o álbum Laughing Academy.[1] No verán dese ano o grupo tocou no Reading Rock Festival despois de The Cure e antes de The Tourists e Motörhead.
En 1980 apareceu o sinxelo "Laughing Academy",seguido por unha longa xira europea. Despois United Artists enviou ao grupo ao estudio para gravar un segundo disco, un álbum conceptual que ía chamarse Gigantic Days. Porén, urante o proceso de gravación United Artists foi absorbido por EMI, que botou á banda. A banda realizou unha nova xira europea e posteriormente Bond deixou o grupo.
Neville, Sekrit e Giro recrutaron ao guitarista Tim Magenta para unha nova formación, actuando agora co nome Punilux.[1] O grupo publicou un álbum máis en 1983 a través do selo Red Rhino, 7, con Magenta sendo substituído por Rab Aitch, antes de que Neville Luxury comezase unha carreira en solitario lanzando o mini-álbum Feels Like Dancing Wartime en 1984. O álbum Gigantic Days foi finalmente lanzado en 1998 en CD a través do selo Overground Records.[1]
Reunión
[editar | editar a fonte]En 2007 o grupo reuniuse e tocou varias cancións na festa de 50 aniversario do baixista Jimi Giro. Pouco máis dun ano despois realizou un concerto nun pequeno pub en Gateshead, no nordés de Inglaterra, chamado The Three Tuns.[4] O 12 de xuño de 2009 a banda tocou no Luminaire en Kilburn, no norte de Londres, e dende entón ten tocado interminentemente.
A banda lanzou un mini-álbum con material novo, titulado 5, no ano 2012, e en 2019 publicou un box set recompilatorio de 5 CDs resumindo a súa carreira, titulado Puppet Life (The Complete Recordings).
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Laughing Academy | 1979 | United Artists |
7 | 1984 | Red Rhino Records |
Gigantic Days (the shelved LP) | 1998 | Overground |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Strong, M. C. (2003). The great indie discography (2nd ed ed.). Edinburgh: Canongate. pp. 122–123. ISBN 1-84195-335-0. OCLC 52530784.
- ↑ Alikivi (2020-04-06). "FUNK OFF – The Punishment of Luxury & further tales of musical adventures.". ALIKIVI : NORTH EAST UK (en inglés). Consultado o 2022-12-22.
- ↑ Indie hits : 1980-1989 : the complete U.K. independent charts (singles & albums). London: Cherry Red Books. 1997. p. 180. ISBN 0-9517206-9-4. OCLC 38292499.
- ↑ "Glutton for punishment". the Guardian (en inglés). 2008-07-16. Consultado o 2022-12-22.