Pulau Ujong

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pulau Ujong
ڤولاو اوجوڠ
Singapore 1994 CIA map.jpg
Localización da illa
CIA World Factbook map of Singapore (English).png
Mapa da illa de Singapur
Situación
PaísFlag of Singapore.svg Singapur
MarEstreito de Malaca
Coordenadas1°23′00″N 103°48′00″L / 1.38333, -103.80000Coordenadas: 1°23′00″N 103°48′00″L / 1.38333, -103.80000
Xeografía
XeoloxíaIlla continental
Superficie584´8 km²
Longura máxima51 km.
Largura máxima26 km.
Perímetro193 km.
Punto máis alto176 m. Bukit Timah Hill
Demografía
CapitalSingapur
Poboación5.469.700 hab.[1]

Pulau Ujong (malaio: literalmente 'illa do final'), tamén coñecida como Illa Singapur ou Singapur continental , é a principal illa constituinte de Singapur. Forma parte do Arquipélago Malaio e atópase na punta de Malaisia Peninsular. A illa forma a maioría do país en términos de superficie e poboación xa que os cidadáns non poden residir nas illas máis pequenas de Singapur.[2] Cunha poboación de 5.469.700 habitantes e unha superficie de 710 quilómetros cadrados, Pulau Ujong é a 21ª illa máis poboada do mundo e a 31º illa máis densamente poboada do mundo.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Pulau Ujong foi a primeira referencia á illa de Singapur. A referencia chinesa do século III a Po Lo Chung (蒲羅中)corresponde á referencia malaia coñecida como Pulau Ujong.[3] Os viaxeiros desde o Estreito de Malaca ata o Mar do Sur de China terían que atravesar a illa, de aí o nome Pulau Ujong. Como o antigo nome de Johor "Ujong Tanah" significa "Fin da terra", a illa era máis coñecida por Orang laut como Pulau Ujong literalmente significa "Illa do Final". Ujong Tanah ou as súas variantes tamén se usaron en fontes europeas como nome para Singapur.[4]

Lenda[editar | editar a fonte]

Segundo un libro do século terceiro "Rexistro de países estranxeiros durante o período oriental Wu" (吴时外国传), Pu Luo Jong (Pulao Ujong) estaba habitado por caníbales con cabeleiras de 15 cm.[5]

Xeografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Xeografía de Singapur.

A illa mide 50 quilómetros de leste a oeste e 26 quilómetros de norte a sur con 193 quilómetros de costa.[6] O punto máis alto de Singapur é Bukit Timah Hill, cunha altura de 165 m está integrado por rocha magmática e granito. Os outeiros e os vales de rocha sedimentaria dominan o noroeste, mentres que a rexión oriental está formada por area e unha terra máis plana. Desde 1822, houbo obras de recuperación de terras por parte dos británicos, que nese momento controlaban a illa e o goberno de Singapur seguiu aumentando o tamaño da illa logo da independencia, o que aumentou a superficie da illa de 580 km² na década de 1960 aos 710 km² da actualidade.[7]

Puntos extremos[editar | editar a fonte]

O extremo máis setentrional da illa é Sembawang. Os puntos máis occidentais e meridionais atópanse en Tuas. O punto máis oriental da illa é Changi Bay.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "2014 Population in Brief". Population SG. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2015. Consultado o 1 de marzo de 2015. 
  2. "Pulau Ubin Stories". National University of Singapore. 24 de maio de 2004. 
  3. Xu Yunqiao History of South East Asia 1961 Singapore World Publishing Co. 许云樵 《南洋史》 星洲世界书局 1961年
  4. Peter Borschberg, ed. (decembro de 2004). Iberians in the Singapore-Melaka Area and Adjacent Regions (16th to 18th Century). Harrassowitz. p. 98. ISBN 978-3447051071. 
  5. Record of Foreign Countries during the Eastern Wu Period, section on Pu Luo Jong 许云樵 《康泰吴时外国传辑注》 四十四-四十五页 1971 新加坡南洋研究所出版
  6. "Yearbook of Statistics Singapore 2012" (PDF). Department of Statistics Singapore. Consultado o 24 de outubro de 2012. 
  7. Gillis, K., & Tan, K. (2006). The book of Singapore’s firsts (p. 96). Singapore: Singapore Heritage Society. Call no.: RSING 959.57 GIL-[HIS].

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Victor R Savage; Brenda Yeoh (2004). Toponymics A Study of Singapore's Street Names. Eastern University Press. ISBN 981-210-364-3. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]