Public Enemy
| Public Enemy | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||||||
|
Xénero
| |||||||||||
|
Composto por
| |||||||||||
|
Selo discográfico
| |||||||||||
| Obra | |||||||||||
|
Discografía
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Premios | |||||||||||
|
Premios
Salón da Fama do Rock (2013) | |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
Public Enemy é un grupo estadounidense de hip hop formado por Chuck D e Flavor Flav en Long Island, Nova York, en 1985.[1][2] O grupo destacou polas súas mensaxes políticas, incluíndo temas como o racismo e os medios estadounidenses. O seu álbum de estrea, Yo! Bum Rush the Show, foi lanzado en 1987 con aclamación da crítica, e o seu segundo traballo, It Takes a Nation of Millions to Hold Us Back (1988), foi o primeiro álbum de hip hop que encabezou a enquisa de críticos Pazz & Jop de The Village Voice.[3] Os seus seguintes tres álbums, Fear of a Black Planet (1990), Apocalypse 91... The Enemy Strikes Black (1991) e Muse Sick-n-Hour Mess Age (1994), tamén foron ben recibidos. Desde entón, o grupo publicou doce álbums de estudo máis, incluíndo a banda sonora da película dramática deportiva de 1998 He Got Game e un álbum colaborativo con Paris, Rebirth of a Nation (2006).
Premios
[editar | editar a fonte]Public Enemy recibiron no ano 1991 o nomeamento ao Premio Grammy á Mellor Interpretación de Rap por Duo ou Grupo por "Fear of a Black Planet". [4]
Durante a década dos 90, o grupo sería notificado con catro nomeamentos aos American Music Awards entre 1991 e 1992. E dous nomeamentos aos MTV Video Music Awards en 1991, incluíndo a categoría de Video do Ano por "Fight the Power".
No ano 2012 serían louvados co ingreso no Rock and Roll Hall of Fame.[5]
No ano 2020 acadarían o Premio Grammy ao Mellor Álbum de Rap ou Mellor Álbum Instrumental de Rap por "What You Gonna Do When the Grid Goes Down?".
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]| Álbum | Ano | Selo |
|---|---|---|
| Yo! Bum Rush the Show | 1987 | Def Jam Recordings |
| It Takes a Nation of Millions to Hold Us Back | 1988 | Def Jam Recordings |
| Fear of a Black Planet | 1990 | Def Jam Recordings |
| Apocalypse 91... The Enemy Strikes Black | 1991 | Def Jam Recordings |
| Muse Sick-n-Hour Mess Age | 1994 | Def Jam Recordings |
| There's a Poison Goin' On | 1999 | Atomic Pop |
| Revolverlution | 2002 | Koch |
| New Whirl Odor | 2005 | Slam Jamz |
| Rebirth of a Nation | 2006 | Guerrilla Funk |
| How You Sell Soul to a Soulless People Who Sold Their Soul? | 2007 | Slam Jamz |
| Most of My Heroes Still Don't Appear on No Stamp | 2012 | Slam Jamz |
| The Evil Empire of Everything | 2012 | Enemy |
| Man Plans God Laughs | 20125 | RCS Music |
| Nothing Is Quick in the Desert | 2017 | 916% |
| What You Gonna Do When the Grid Goes Down? | 2020 | Def Jam Recordings |
| Black Sky Over the Projects: Apartment 2025 | 2025 | Enemy Records / Flavor Flav Records |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Wazir, Burhan (2000-07-08). "Flavor of the month". The Observer (en inglés). ISSN 0029-7712. Consultado o 2024-08-31.
- ↑ Yasharoff, Hannah. "Public Enemy is 'moving forward without Flavor Flav' after Bernie Sanders rally dispute". USA TODAY (en inglés). Consultado o 2024-08-31.
- ↑ McCombs, Joseph (2012-12-11). "Public Enemy - Decking the Hall: The Rock and Roll Hall of Fame’s New Members". Time (en inglés). ISSN 0040-781X. Consultado o 2024-08-31.
- ↑ "Awards". ambrosiaforheads (en inglés). Consultado o 2025-14-11.
- ↑ "Public Enemy gains Rock and Roll Hall of Fame honors". baystatebanner.com (en inglés). Consultado o 2025-14-11.