Prudencio Otero
Aparencia
(Redirección desde «Prudencio Otero Sánchez»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1847 Pontevedra, España |
Morte | 1 de xullo de 1936 (88/89 anos) Pontevedra, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritor , político |
Lingua | Lingua castelá |
Prudencio Otero Sánchez, nado en Pontevedra en 1847 e finado na mesma cidade o 1 de xullo de 1936[1], foi un escritor e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Vinculado á Pobra do Caramiñal, onde era dono do Pazo do Colo de Arca. Foi deputado provincial, promotor do tranvía de vapor Pontevedra-Marín e presidente do Casino de Pontevedra.
Partidario da tese de Colón pontevedrés, foi autor do libro España, patria de Colón (Madrid, Biblioteca Nueva, 1922).
Foi amigo e principal socio do Marqués de Riestra, José Riestra López.
Era curmán de Cándida Otero Fontán.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Diario de Pontevedra, 2-7-1936, p. 3.
- ↑ Padín Ogando, Fernanda. "Cándida Otero (1846-1915)"
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 520.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Alonso, Fernando (20/11/2010). "Prudencio Otero Sánchez" cristobal-colon.com