Proxecto ROTHR

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O proxecto ROTHR (do inglés Remote Over the Horizon Radar, Radar Remoto sobre o Horizonte) é un proxecto de radar feito pola Armada dos Estados Unidos.

Foi desenvolto durante a guerra fría para detectar un posible ataque nuclear balístico da URSS sobre América. Debido á curvatura da superficie do planeta os radares convencionais non poden detectar obxectos que se esconden tralo horizonte. Os ROTHR para poder facer este tipo de detección utilizan a ionosfera como espello para reflectir impulsos electromagnéticos que doutro xeito non puidesen chegar máis aló do horizonte.

O aspecto remoto do sistema consiste en poder determinar cal será o espazo que vai observar. As ondas parten do transmisor cara á ionosfera. Rebota nesta e en obxectos que estean no área de observación. Estas rebotarían no obxecto e chegarían ao receptor.

A empresa Raytheon construíu o último sistema ROTHR en Juana Díaz, Porto Rico. A instalación emisora abrangue 34 antenas de 71 a 125 pés de altura e a receptora de 100 acres de terreo cubertos por 372 pares de antenasde 19 pés de alto en Fort Allen (Vieques), tamén en Porto Rico.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]