Provincia marítima da Coruña
Aparencia
A provincia marítima da Coruña é unha das 5 provincias coas que o Ministerio de Fomento divide as costas galegas. Limita ao norte coa de Provincia marítima de Ferrol e ao sur coa de Vilagarcía.
O seu porto máis importante é o Porto da Coruña. De norte a sur consta dos seguintes distritos marítimos:
- Sada: desde a Punta Carboeira ata a punta da Torrella.
- A Coruña: desde a Punta da Torrella ata a Punta Saldoira.
- Corme: desde a Punta Saldoira ata a Punta Morelo.
- Camariñas: desde a Punta Morelo ata a Punta da Vela.
- Corcubión: desde a Punta da Vela ata a Punta Remedios.
- Muros: desde a Punta Remedios ata a Illa Creba.
- Noia: desde a Illa Creba ata a Punta Río Sieira.