Saltar ao contido

Proteína que se une á vitamina D

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
GC
Estruturas dispoñibles
PDBBuscar ortólogos: PDBe, RCSB
Identificadores
Nomenclatura
Identificadores
externos
LocusCr. 4 q13.3
Ortólogos
Especies
Humano Rato
Entrez
2638 14473
Ensembl
Véxase HS Véxase MM
UniProt
P02774 P21614
RefSeq
(ARNm)
NM_000583 NM_008096
RefSeq
(proteína) NCBI
NP_000574 NP_032122
Localización (UCSC)
Cr. 4:
71.74 – 71.8 Mb
Cr. 5:
89.57 – 89.61 Mb
PubMed (Busca)
2638


14473

A proteína que se une á vitamina D (abreviada DBP, do inglés vitamin D-binding protein), coñecida orixinalmente como globulina gc (globulina de compoñente específico de grupo) é unha proteína que en humanos está codificada no xene GC do cromosoma 4.[1][2] Pode unirse a diversas formas da vitamina D. A DBP é xeneticamente o membro máis antigo da familia do albuminoide e apareceu moi cedo na evolución dos vertebrados.[3]

Estrutura

[editar | editar a fonte]

A DBP humana é unha alfa-globulina glicosilada de ~58 kDa. Os seus 458 aminoácidos están codificados en 1690 nucleótidos no cromosoma 4 (4q11–q13). A súa estrutura primaria contén 28 residuos de cisteína formando moitos enlaces dislfuro. Contén 3 dominios. O dominio 1 está composto de 10 hélices alfa, o dominios 2 de 9, e o dominio 3 de 4.[4]

A proteína que se une á vitamina D pertence á familia xénica da albumina, xunto coa albumina sérica humana e a alfa-fetoproteína. É unha proteína multifuncional que se atopa no plasma, fluído ascítico, líquido cefalorraquídeo e na superficie de moitos tipos celulares.

Pode unirse a varias formas de vitamina D incluíndo o ergocalciferol (vitamina D2) e colecalciferol (vitamina D3), as formas hidroxiladas (calcifediol), e o produto hormonal activo, 1,25-dihidroxivitamina D (calcitriol). A maior proporción de vitamina D no sangue está unida a esta proteína. Transporta metabolitos de vitamina D entre a pel, fígado e riles, e a varios tecidos diana.[2][5]

Igual que o factor activador de macrófagos derivado da proteína Gc, é un factor activador dos macrófagos (MAF) que foi testado para usalo no tratamento do cancro, que activaría os macrófagos contra as células do cancro.[6]

Produción

[editar | editar a fonte]

Sintetízana as células parenquimais hepáticas e segrégana na circulación sanguínea.[5]

Regulación

[editar | editar a fonte]

Os factores de transcrición HFN1α é un regulador positivo, mentres que HFN1β é un regulador negativo dominante da expresión da DBP.[7]

Variación

[editar | editar a fonte]

Coñécense moitas variantes xenéticas do xene GC. Producen 6 haplotipos principais e 3 variantes proteicas principais (Gc1S, Gc1F e Gc2).[8] As variacións xenéticas están asociadas con diferenzas nos niveis circulantes de 25-hidroxivitamina D.[9] Propúxose que serven para explicar algunhas das diferenzas no status da vitamina D en diferentes grupos étnicos,[10] e correlaciónanse coa resposta á suplementaciónn con vitamina D.[8]

  1. Mikkelsen M, Jacobsen P, Henningsen K (xullo de 1977). "Possible localization of Gc-System on chromosome 4. Loss of long arm 4 material associated with father-child incompatibility within the Gc-System". Human Heredity 27 (2): 105–7. PMID 558959. doi:10.1159/000152857. 
  2. 2,0 2,1 "Entrez Gene: GC group-specific component (vitamin D binding protein)". 
  3. Bouillon, R.; Schuit, F.; Antonio, L.; Rastinejad, F. (2020). "Vitamin D Binding Protein: A Historic Overview". Frontiers in Endocrinology 10: 910. PMC 6965021. PMID 31998239. doi:10.3389/fendo.2019.00910. 
  4. Verboven C, Rabijns A, De Maeyer M, Van Baelen H, Bouillon R, De Ranter C (febreiro de 2002). "A structural basis for the unique binding features of the human vitamin D-binding protein". Nature Structural Biology 9 (2): 131–6. PMID 11799400. doi:10.1038/nsb754. 
  5. 5,0 5,1 Norman AW (agosto de 2008). "From vitamin D to hormone D: fundamentals of the vitamin D endocrine system essential for good health". The American Journal of Clinical Nutrition 88 (2): 491S–499S. PMID 18689389. doi:10.1093/ajcn/88.2.491S. 
  6. Yamamoto N, Suyama H, Yamamoto N (xullo de 2008). "Immunotherapy for Prostate Cancer with Gc Protein-Derived Macrophage-Activating Factor, GcMAF" ([PDF]). Translational Oncology 1 (2): 65–72. PMC 2510818. PMID 18633461. doi:10.1593/tlo.08106. 
  7. Bouillon R, Schuit F, Antonio L, Rastinejad F (2019). "Vitamin D Binding Protein: A Historic Overview". Frontiers in Endocrinology 10: 910. PMC 6965021. PMID 31998239. doi:10.3389/fendo.2019.00910. 
  8. 8,0 8,1 Malik S, Fu L, Juras DJ, Karmali M, Wong BY, Gozdzik A, Cole DE (xaneiro–febreiro de 2013). "Common variants of the vitamin D binding protein gene and adverse health outcomes". Critical Reviews in Clinical Laboratory Sciences 50 (1): 1–22. PMC 3613945. PMID 23427793. doi:10.3109/10408363.2012.750262. 
  9. McGrath JJ, Saha S, Burne TH, Eyles DW (xullo de 2010). "A systematic review of the association between common single nucleotide polymorphisms and 25-hydroxyvitamin D concentrations". The Journal of Steroid Biochemistry and Molecular Biology 121 (1–2): 471–7. PMID 20363324. doi:10.1016/j.jsbmb.2010.03.073. 
  10. Powe CE, Evans MK, Wenger J, Zonderman AB, Berg AH, Nalls M, Tamez H, Zhang D, Bhan I, Karumanchi SA, Powe NR, Thadhani R (novembro de 2013). "Vitamin D-binding protein and vitamin D status of black Americans and white Americans". The New England Journal of Medicine 369 (21): 1991–2000. PMC 4030388. PMID 24256378. doi:10.1056/NEJMoa1306357. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • Relación de toda a información estrutural dispoñible en PDB para UniProt: P02774 (Vitamin D-binding protein) en PDBe-KB.