Proteína fluorescente vermella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A resposta bioluminescencia ao Ca2+ local despois da inxección intraperitoneal de tdTA recombinante nun rato anestesiado. Móstrase unha transparencia da imaxe de reflexión do rato (escala gris) e a bioluminescencia inducida polo Ca2+ (pseudocor vermella).
Proteína fluorescente verde drFP583
Identificadores
Organismo Discosoma sp.
Símbolo ?
UniProt Q9U6Y8
Outros datos

A proteína fluorescente vermella, (RFP, red fluorescent protein) é un fluoróforo que emite fluorescencia vermella-laranxa cando é excitado. Desenvolvéronse varias variantes usando mutaxénese dirixida.[1] A proteína orixinal illouse do cnidario Discosoma e denominouse DsRed. Agora están dispoñibles outras que fluorescen en laranxa, vermello e vermello distante.[2]

A RFP é dunha masa molecular de aproximadamente 25,9 kDa. O máximo de excitación é de 558 nm e o máximo de emisión é de 583 nm.[3]

A primeira proteína fluorescente vermella que se descubriu, a proteína fluorescente verde (GFP), foi adaptada para identificar e desenvolver marcadores fluorescentes noutras cores. Variantes como a proteína fluorescente amarela (YFP) e a proteína fluorescente ciano (CFP) descubríronse en antozoos.[4]

Un aspecto importante das proteínas fluorescentes é o tempo que hai que agardar entre a síntese de proteínas e a expresión da fluorescencia. DsRed ten un tempo de maduración de arredor de 24 horas,[1] o cal fai que sexa inutilizable en moitos experimentos que teñen lugar nun intervalo de tempo máis curto. Ademais, DsRed ten forma tetramérica, o cal pode afectar o funcionamento das proteínas ás cales é ligada. Por medio da enxeñaría xenética mellorouse a utilidade da RFP ao incrementar a súa velocidade de desenvolvemento da fluorescencia e creando variantes monoméricas.[3][4] Entre as variantes melloradas da RFP están as seguintes: mFruits (mCherry, mOrange, mRaspberry), mKO, TagRFP, mKate, mRuby, FusionRed, mScarlet e DsRed-Express.[4][5]

DsRed é máis axeitada para obtención de imaxes ópticas que a EGFP.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Bevis, Brooke J.; Glick, Benjamin S. (2002). "Rapidly maturing variants of the Discosoma red fluorescent protein (DsRed)". Nature Biotechnology (en inglés) 20 (1): 83–87. ISSN 1546-1696. PMID 11753367. doi:10.1038/nbt0102-83. 
  2. Miyawaki, Atsushi; Shcherbakova, Daria M; Verkhusha, Vladislav V (outubro de 2012). "Red fluorescent proteins: chromophore formation and cellular applications". Current Opinion in Structural Biology 22 (5): 679–688. ISSN 0959-440X. PMC 3737244. PMID 23000031. doi:10.1016/j.sbi.2012.09.002. 
  3. 3,0 3,1 Remington, S. James (1 de xaneiro de 2002). "Negotiating the speed bumps to fluorescence". Nature Biotechnology (en inglés) 20 (1): 28–29. PMID 11753356. doi:10.1038/nbt0102-28. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Piatkevich, Kiryl D.; Verkhusha, Vladislav V. (2011). "Guide to Red Fluorescent Proteins and Biosensors for Flow Cytometry". Methods in Cell Biology 102: 431–461. ISBN 9780123749123. ISSN 0091-679X. PMC 3987785. PMID 21704849. doi:10.1016/B978-0-12-374912-3.00017-1. 
  5. Bindels, Daphne S; Haarbosch, Lindsay (2017). "mScarlet: a bright monomeric red fluorescent protein for cellular imaging". Nature Methods (en inglés) 14 (1): 53–56. ISSN 1548-7105. PMID 27869816. doi:10.1038/nmeth.4074. 
  6. Böhm I, Gehrke S, Kleb B, Hungerbühler M, Müller R, Klose KJ, Alfke H (2019). "Monitoring of tumor burden in vivo by optical imaging in a xenograft SCID mouse model: evaluation of two fluorescent proteins of the GFP-superfamily". Acta Radiol 60 (3): 315–326. PMID 29890843. doi:10.1177/0284185118780896. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]