Saltar ao contido

Progresividade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En Dereito fiscal, o principio de progresividade implica que o tipo de gravame é función crecente da base impoñíbel, isto é, a medida que crece a capacidade económica dos suxeitos, crece a porcentaxe da súa riqueza que o Estado exixe en forma de tributos.

O principio de progresividade e o principio de proporcionalidade son diferentes. Nun tributo proporcional o tipo de gravame mantense fixo; polo tanto, a débeda tributaria crece só na medida en que o fai a capacidade económica. Pola contra, nun tributo progresivo crece o tipo de gravame ao aumentar a capacidade económica, normalmente co límite do principio de non confiscatoriedade.[1]

A progresividade fiscal une á función recadatoria outras como a de redistribución da renda.[2]

  1. Martín Queralt, Lozano Serrano, Casado Ollero & Tejerizo López (2002): Curso de Derecho financiero. Madrid: Editorial Tecnos. ISBN 84-309-3890-7, páxs. 117 e 118.
  2. García Caracuel, María (2004): Las prestaciones tributarias a cuenta: perspectivas de reforma. Granada: Editorial de la Universidad de Granada. ISBN 978-84-338-4456-9 páx. 276.