Progresistas por Silleda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Progresistas por Silleda (PPS)
Dirixentes e organización
LíderAurelio Fernández Villaverde
Historia
Fundación2003
Posicións políticas
IdeoloxíaLiberalismo e progresismo

Progresistas por Silleda é un partido político silledense que se presenta dende o ano 2003 ás eleccións municipais do citado concello da comarca do Deza.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Esta formación, escindida da Candidatura Independente por Silleda, concorreu por primeira vez nas eleccións municipais do 2003 con José Manuel Fidalgo Pereiras como candidato á alcaldía[1], sen obter representación. Fidalgo repetiu como cabeza de lista nas eleccións municipais do 2007[2], nas que tampouco acadaron ningunha acta. De cara ás municipais do 2011, presentouse como candidato á alcaldía o presidente do partido Aurelio Fernández Villaverde[3], sen obter ningún concelleiro por terceira vez. Nos comicios de 2015, a formación non concorreu e apoiou a lista do PSOE local[4], que acabaría obtendo maioría absoluta con Fernández Villaverde como primeiro suplente.

Resultados[editar | editar a fonte]

Ano Votos Concelleiros
2003 105 (1,72 %) ningún
2007 152 (2,32 %) ningún
2011 88 (1,45 %) ningún
2015 (%) Non se presenta

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fidalgo encabeza la lista de PPS en Silleda Arquivado 24 de novembro de 2016 en Wayback Machine. en La Voz de Galicia (20/04/2003) (Consultado o 23/11/2016).
  2. Entrevista a José Manuel Fidalgo Pereiras Arquivado 24/11/2016, en Wayback Machine. en La Voz de Galicia (10/05/2007) (Consultado o 23/11/2016).
  3. Energía limpia desde PPS en El Correo Gallego (10/05/2016) (Consultado o 23/11/2016).
  4. Progresistas por Silleda no concurrirá a las elecciones y apoyará la lista del PSOE en Faro de Vigo (20/03/2015) (Consultado o 23/11/2016).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]