Programa de presentacións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As presentacións son ficheiros que se poden usar para mostrar información visualmente de maneira atractiva diante dun auditorio. Constan de “páxinas”, chamadas diapositivas, que poden incluír texto, imaxes, vídeos, animacións, sons, vínculos etc. Á presentación, especialmente cando se fai utilizando un canón de vídeo, tamén se lle chama “diaporama”.

Un programa de presentacións é unha aplicación informática deseñada para crear diaporamas. De entre as máis coñecidas destacan PowerPoint, incluída no pacote ofimático Office (de Microsoft) e Impress (incluída no pacote informático LibreOffice). Popularmente a estas presentacións tamén se lles chama "powerpoints".