Prognoz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maqueta dun satñelite Prognoz.

Prognoz foi o nome dunha serie de satélites científicos soviéticos para o estudo do Sol e a súa interacción coa Terra.[1]

Características[editar | editar a fonte]

Os satélites Prognoz divídense á súa vez en dúas familias: os Prognoz SO (as tres primeiras unidades de satélites Prognoz) e os Prognoz SO-M (o resto de satélites). A forma xeral dos satélites era a mesma: estaban formados por unha estrutura principal cilíndrica de 2 m de diámetro e 0,925 m de altura con tapas esféricas que acollía a instrumentación e o equipamento. Os sensores e medidores atopábanse na superficie externa da estrutura e a enerxía era proporcionada por catro paneis solares que alimentaban unhas baterías. Os Prognoz SO tiñan unha masa duns 845 kg, mentres que os SO-M variaban entre 900 e 1000 kg. Estabilizábanse mediante xiro, apuntando ao Sol.[1][2][3]

Lanzáronse dez satélites Prognoz, todos mediante foguetes Molniya M, entre 1972 e 1985. Prognoz 10 foi tamén coñecido como Interkosmos 23 ao levar instrumentación de Checoslovaquia no marco do programa Interkosmos.[1][2][3]

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Misión[1][2][3] Data de lanzamento[1][2][3] Foguete lanzador[1][2][3] Notas[1][2][3]
Prognoz 1 (SO) 14 de abril de 1972 Molniya M Éxito
Prognoz 2 (SO) 29 de xuño de 1972 Molniya M Éxito
Prognoz 3 (SO) 15 de febreiro de 1973 Molniya M Éxito
Prognoz 4 (SO-M) 22 de decembro de 1975 Molniya M Éxito
Prognoz 5 (SO-M) 25 de novembro de 1976 Molniya M Éxito
Prognoz 6 (SO-M) 22 de setembro de 1977 Molniya M Éxito
Prognoz 7 (SO-M) 30 de outubro de 1978 Molniya M Éxito
Prognoz 8 (SO-M) 25 de decembro de 1980 Molniya M Éxito
Prognoz 9 (SO-M) 1 de xullo de 1983 Molniya M Éxito
Prognoz 10 (SO-M), Interkosmos 23 26 de abril de 1985 Molniya M Éxito

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Mark Wade (2020). "Prognoz" (en inglés). Consultado o 2 de xaneiro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Prognoz 1, 2, 3 (SO)" (en inglés). Consultado o 2 de xaneiro de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Prognoz 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10 (SO-M) / Intersputnik 23" (en inglés). Consultado o 2 de xaneiro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]