Profeta Gentileza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Profeta Gentileza
Profeta Gentileza (1971).tif
Nacemento11 de abril de 1917
 Cafelândia
Falecemento1996
NacionalidadeBrasil
Ocupaciónartista
editar datos en Wikidata ]

José Datrino, máis coñecido como profeta Gentileza, nado en Cafelândia (São Paulo) o 11 de abril de 1917 e finado en Mirandópolis o 28 de maio de 1996, foi un predicador brasileiro, que acadou sona a partir de 1980 por facer inscricións peculiares baixo un viaduto no Rio de Janeiro, onde andaba cunha túnica branca e longa barba.[1] "Gentileza gera gentileza" era a súa frase máis coñecida.

Crenzas[editar | editar a fonte]

Gentileza denunciaba o mundo, rexido "polo capeta capital que vende todo e destrúe todo". Vía no circo destruído unha metáfora do circomundo que tamén será destruído. Mais anunciaba a "xentileza que é o remedio para todos os males". Deus é "Xentileza porque é Beleza, Perfección, Bondade, Riqueza, a Natureza, o noso Pai Creador". Un refrán sempre volvía, especialmente nas 56 pilastras con inscricións na entrada da autovía Novo Rio no Caju: "Xentileza xera xentileza, amor". Convidaba a todos a seren xentís e agradecidos. Anunciaba un antídoto á brutalidade do noso sistema de relacións e, baixo a linguaxe popular e relixiosa, un novo paradigma civilizatório urxente en toda a humanidade.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Eliane Brum, "Gentileza Gera Gentileza", artigo na Revista Época de 5 de outubro de 2009.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]