Primitiva Lodeiro Otero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Primitiva Lodeiro Otero

Primitiva Lodeiro Otero, nada na Coruña en 1913 e finada en Vigo o 3 de decembro de 1997,[1] foi unha modista e política galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Modista coruñesa, noiva do anarquista Antonio Torres López. Na súa casa das Xubias tivo agachado a Antonio dende xullo de 1936 ata agosto de 1937, cando foron detidos na investigación policial pola tentativa de fuxida no boniteiro Explorador, na que tamén estaba implicado o irmán de Primitiva, Manuel Lodeiro Otero. Xulgada en consello de guerra o 12 e 13 de novembro de 1937,[2] foi condenada a 12 anos e un día de cárcere. En xuño de 1942 foi sancionada polo Goberno civil cunha multa de 75 pesetas por obstaculizar a labor dos axentes da Autoridade e ter malos antecedentes.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 4-12-1997, p. 42.
  2. La Voz de Galicia, 14-11-1937, p. 4.
  3. La Voz de Galicia, 23-6-1941, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]