Primi Nécega
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de setembro de 1930 Foz, España |
Morte | 3 de novembro de 2024 (94 anos) Burela, España |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Primitiva Nécega Gallo, coñecida como Primi Nécega, nada en Foz o 11 de setembro de 1930, e fenecida en Burela o 3 de novembro de 2024,[1] foi unha escritora galega.
Vida
[editar | editar a fonte]Medrou en Foz, pero dende 1949 estaba afincada en Ribadeo, onde casou e enviuvou nova. Os seus últimos anos pasounos na Residencia de Maiores de Ribadeo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Desenvolveu o seu labor dende os dezasete anos en Ribadeo.[2] Ten publicado en diversos medios, nos primeiros tempos, facendo uso de diversos pseudónimos, uns para obras en castelán, e outros para obras en galego. A súa obra ten unha certa descontinuidade no tempo, debido ás vicisitudes persoais da autora.
Escritora que abrangue diversos campos, a súa meirande produción é como contista, con contos relacionados gran parte das veces coa súa propia historia, e cando non, con historias populares, por exemplo, referidas ó Nadal.
Antes de deixarse de editar, publicou en Las Riberas del Eo, pasando logo a ser colaboradora habitual en La Comarca del Eo, onde ten publicado multitude de historias, moitas delas en xeito de conto. En xeral, aínda que a súa obra é de raizame galega, publica en castelán.
Foi pregoeira na Xira de Santa Cruz (2001)[3] e no Entroido de Ribadeo (2004), entre outros actos.
Obras
[editar | editar a fonte]- Despertar, libro de poesías en castelán (1997, 1ª edición[4]; 2000, 2ª edición[5]).
- El Govi (conto).[6]
- Cuentos y relatos (2012).[7]
- A romaría de Santa Cruz (colaboración, vídeo).[8]
Premios
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lugo, El Progreso de (2024-11-03). "Muere a los 94 años la escritora focense residente en Ribadeo Primi Nécega". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2024-11-04.
- ↑ Agremon (29/12/2009). "Primi". ribadeando.blogspot.com.es. Consultado o 6/9/2017.
- ↑ "Pregón de 1999 Primi Nécega Gallo". www.amigosdagaita.org. Consultado o 2020-08-08.
- ↑ Nécega, Primi. (1997). Despertar. Prólogo de Antonio Gregorio. Ribadeo: P. Nécega. ISBN 84-605-6575-0. OCLC 432552683.
- ↑ Nécega, Primi. ([2000]). Despertar. Prólogo de Antonio Gregorio. [Lugo?]: XESDO. ISBN 84-607-1077-7. OCLC 433831568.
- ↑ "El govi, de Primi Nécega". Consultado o 6/9/2017.
- ↑ "Cuentos y relatos de Primi". Arquivado dende o orixinal o 06/09/2017. Consultado o 6/9/2017.
- ↑ "Romaría de Santa Cruz". Consultado o 6/9/2017.
- ↑ "Primi Nécega e o Premio Iniciativas 21". Consultado o 6/9/2017.
- ↑ "Memoria de Muller". Consultado o 6/9/2017.