Primeiro ministro de Gabón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Primeiro ministro de Gabón
Premier ministre du Gabon

ÁmbitoGabón Gabón
Nomeado porPresidente de Gabón
Creación17 de agosto de1960
Primeiro titularLéon M'ba

O primeiro ministro de Gabón é o xefe de goberno de Gabón.[1]

Descrición do cargo[editar | editar a fonte]

O primeiro ministro é nomeado polo presidente da República.[2] O presidente pode cesar o primeiro ministro por iniciativa propia, mediante a dimisión presentada polo propio primeiro ministro, ou despois dunha moción de censura na Asemblea Nacional.[2] O primeiro ministro pode nomear outros membros do goberno e rescindir os seus cargos.[2] O primeiro ministro pode substituír o presidente con autorización expresa e para unha orde do día determinada.[3]

Dentro dos 45 días seguintes ao nomeamento do Consello de Ministros, o primeiro ministro presentará ante a Asemblea Nacional o seu programa político xeral que levará a un debate aberto, seguido dun voto de confianza. Para que dita votación saia adiante precísase maioría absoluta dos membros da Asemblea Nacional.[4]

O primeiro ministro dirixe as accións do goberno e asegura a execución das leis. Segundo as condicións do artigo 20, o primeiro ministro exerce o poder regulador e nomea postos civís e militares do Estado. Pode delegar determinados poderes noutros membros do goberno.[5] A substitución do primeiro ministro está asegurada por un membro do goberno designado por un decreto do presidente da República, segundo a orde de nomeamento do decreto que dispuxo a composición do goberno.[5] O ministro que asume as funcións do primeiro ministro interino invístese temporalmente cos plenos dereitos e poderes do cargo.[5] As accións do primeiro ministro deben ser refrendadas polos membros do goberno encargados da súa execución.[5]

Lista[editar | editar a fonte]

Lenda
Foto Nome Mandato Partido Presidente
Inicio Fin Duración
1 Léon M'ba
(1902–1967)
17 de agosto de 1960 21 de febreiro de 1961 188 días BDG El mesmo
Cargo abolido (21 de febreiro de 1961 - 16 de abril de 1975)
2 Léon Mébiame
(1934–2015)
16 de abril de 1975 3 de maio de 1990 15 anos e 17 días PDG Omar Bongo
3 Casimir Oyé-Mba (1942–2021) 3 de maio de 1990 2 de novembro de 1994 4 anos e 183 días Independente Omar Bongo
4 Paulin Obame-Nguema
(1934–2023)
2 de novembro de 1994 23 de xaneiro de 1999 4 anos e 82 días PDG Omar Bongo
5 Jean-François Ntoutoume Emane
(1939–)
23 de xaneiro de 1999 20 de xaneiro de 2006 6 anos e 362 días PDG Omar Bongo
6 Jean Eyeghé Ndong
(1946–)
20 de xaneiro de 2006 17 de xullo de 2009 3 anos e 178 días PDG Omar Bongo
Divungi Di Ndinge
Rogombé
7 Paul Biyoghé Mba
(1953–)
17 de xullo de 2009 27 de febreiro de 2012 2 anos e 225 días PDG Rogombé
Ali Bongo Ondimba
8 Raymond Ndong Sima
(1955–)
27 de febreiro de 2012 27 de xaneiro de 2014 1 ano e 334 días PDG Ali Bongo Ondimba
9 Daniel Ona Ondo
(1945–)
27 de xaneiro de 2014 28 de setembro de 2016 2 anos e 245 días PDG Ali Bongo Ondimba
10 Emmanuel Issoze-Ngondet
(1961–2020)
28 de setembro de 2016 12 de xaneiro de 2019[a] 2 anos e 104 días PDG Ali Bongo Ondimba
11 Julien Nkoghe Bekale

(1958–)

12 de xaneiro de 2019 16 de xullo de 2020 1 ano e 186 días PDG Ali Bongo Ondimba
12 Rose Christiane Raponda

(1964–)

16 de xullo de 2020[6] 9 de xaneiro de 2023 2 anos e 177 días PDG Ali Bongo Ondimba
13 Alain Claude Nze

(1967–)

9 de xaneiro de 2023 30 de agosto de 2023 233 días PDG Ali Bongo Ondimba
(8) Raymond Ndong Sima
(1955–)
7 de setembro de 2023 no cargo 233 días Independente Brice Oligui
  1. Substituído como consecuencia do intento de golpe de Estado de 2019.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Artigo 31 da Constitución de 1991.
  2. 2,0 2,1 2,2 Artigo 15 da Constitución de 1991.
  3. Artigo 22 da Constitución de 1991.
  4. Artigo 28a da Constitución de 1991.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Artigo 29 da Constitución de 1991.
  6. "Gabon appoints first woman prime minister Ossouka Raponda". Al Jazeera (en inglés). 17 de xullo de 2020. Consultado o 29 de xullo de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]