Primeira guerra dos Baróns
A primeira guerra dos Baróns (1215-17) foi unha guerra civil entre o Reino de Inglaterra na que un grupo de baróns rebelados, liderados por Robert Fitzwalter e apoiados polo exército francés baixo o mando do futuro Lois VIII de Francia, declaráronse en guerra contra o rei Xoán de Inglaterra. A guerra debeuse á negativa do rei a aceptar e acatar a Carta Magna que selara o 15 de xuño de 1215, e das ambicións do príncipe francés, que desatou a guerra despois de que moitos dos baróns rebeldes houbesen asinado a paz co rei Xoán.
Antecedentes
[editar | editar a fonte]O rei Xoán viuse obrigado en xuño de 1215 a pór o seu selo de "Os Artigos dos Baróns" por un grupo de baróns poderosos que xa non podían soportar o liderado errado e despótico de Xoán. Concedéuselles o Gran Selo Real o 15 de xuño de 1215. En troques, os baróns renovaron o seu xuramento de fidelidade ó rei Xoán o 19 de xullo de 1215. Creouse un documento para rexistrar a acta do acordo, levado a cabo pola chancelería real o 15 de xullo: tratábase da Carta Magna orixinal. "A lei da terra" é unha das grandes consignas da Carta Magna, que opón á omnipotencia e vontade absoluta do rei.
A Carta Magna de 1215 contiña cláusulas que, en teoría, reducían notablemente o poder do rei, como a cláusula 61, a "cláusula de seguridade". Nesta cláusula permitiuse a un grupo de 25 baróns anular o rei en calquera momento por medio da forza, un proceso legal medieval de prema que era normal nas relacións feudais, pero que nunca se aplicou a un rei. Despois duns meses de intentos pouco entusiastas de negociar, no verán de 1215, a guerra aberta tivo lugar entre os baróns rebeldes e o rei, apoiado polos seus partidarios.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Salter, Mike (2000). The Castles of Kent. Folly Publications, Malvern. ISBN 1-871731-43-7
- Warren, W. Lewis. (1991) King John. Londres: Methuen. ISBN 0-413-45520-3.
- Turner, Ralph (2009). King John: England's Evil King?. Stroud, UK: History Press. ISBN 978-0-7524-4850-3.
- Danziger, Danny; Gillingham, John (2004). 1215: The Year of Magna Carta. Hodder Paperbacks. ISBN 978-0340824757.