Saltar ao contido

Presunción de inocencia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O artigo 48 da Carta de Dereitos da Unión Europea consagra a presunción de inocencia.

A presunción de inocencia é un principio xurídico que se basea en que toda persoa é inocente ata que se demostre a súa culpabilidade. No caso de que o xuíz non estea seguro desta, e así o argumente na sentenza, deberá entón ditar un fallo absolutorio.

A presunción de inocencia é un dereito humano

[editar | editar a fonte]

A presunción de inocencia é un dos dereitos humanos consagrados na Declaración Universal dos Dereitos Humanos e en tratados internacionais sobre dereitos humanos como, por exemplo, a Convención Americana sobre Dereitos Humanos ou Pacto de San José de Costa Rica.

Toda persoa acusada de delito ten dereito a que se presuma a súa inocencia mentres non se probe a súa culpabilidade, conforme á lei e nun xuízo público no que se lle aseguren todas as garantías necesarias á súa defensa. Artigo 11 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos
Garantías xudiciais [...] Toda persoa inculpada de delito ten dereito a que se presuma a súa inocencia mentres non se estableza legalmente a súa culpabilidade [...]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre dereito é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.