PrestaShop

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logo de PrestaShop .

PrestaShop é unha ferramenta dixital de código aberto para facilitar o comercio electrónico. A empresa é orixinaria de Francia e ten a sede en París e delegación en Miami. PrestaShop esta traducido a 63 linguas, entre elas o galego.

Historia[editar | editar a fonte]

PrestaShop sacou a primeira versión o ano 2008, dende ese momento e ata hoxe en día a sacado o mercado ata a versión 1.6:

  • PrestaShop v 0.9.7 ano 2008 o 20 de febreiro.
  • PrestaShop v 1.0 ano 2008 en agosto.
  • PrestaShop v 1.1 ano 2009 en maio.
  • PrestaShop v 1.2 ano 2009 en xullo.
  • PrestaShop v 1.3 ano 2010 en maio.
  • PrestaShop v 1.4 ano 2011 en marzo.
  • PrestaShop v 1.5 ano 2012 en setembro.
  • PrestaShop v 1.6 ano 2014 en maio.[1]

En maio de 2014 levaba máis de 3.500.000 descargas e un total de máis de 150.000 tendas en liña activas.

Características[editar | editar a fonte]

Fácil desenvolvemento por programadores de características a medidas. Existe unha tenda de módulos oficiais na que se poden mellorar as características nativas.[2]

Ten uns dos foros máis activos[Cómpre referencia] en lingua hispana.[3]

Requisitos técnicos[editar | editar a fonte]

  • Servidor Apache
  • PHP 5.1 ou superior
  • Mysql 5 ou superior
  • Gústalle Linux, pero en Windows tamén vai

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]