O Presidente da República é o xefe de Estado de Croacia. Croacia é unha democracia parlamentaria, onde a principal función do Presidente é ser o líder das forzas armadas e representante e da diplomacia croata xunto co Goberno. A presidencia esta limitada a dous mandatos por persoa.
A sede da Presidencia da República de Croacia atópase no Palacio Presidencial (en croata: Predsjednički dvori) en Zagreb, situado no barrio de Pantovčak.
O Presidente da República é elixido en eleccións directas por voto secreto, sobre a base do sufraxio universal por un período de cinco anos. Ninguén pode ser elixido Presidente da República máis de dúas veces. O Presidente da República é elixido por unha maioría de voto de tódolos electores que votaron. Se ningún dos candidatos obtivo esa maioría, lévase a cabo unha segunda rolda despois de catorce días, onde teñen o dereito de sufraxio da nova elección os dous candidatos que obteñan o maior número de votos na primeira rolda. Antes de asumir o deber, o Presidente da República fará un xuramento ante os xuíces do Tribunal Constitucional xurando lealdade á Constitución. As cerimonias celébrase tradicionalmente na Praza San Marcos de Zagreb, en fronte da Igrexa de San Marco e preto das sedes do Parlamento, o Goberno e o Tribunal Constitucional. Despois da elección, o Presidente da República renuncia á súa filiación no seu partido político.