Franjo Tuđman
Franjo Tuđman | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 14 de maio de 1922 |
Lugar de nacemento | Veliko Trgovišće |
Falecemento | 10 de decembro de 1999 |
Lugar de falecemento | Zagreb |
Causa | cancro |
Soterrado | Mirogoj |
Nacionalidade | Reino dos Sérvios, Croatas e Eslovenos, Reino de Iugoslavia, República Federal Socialista de Iugoslavia e Croacia |
Alma máter | Military Academy Belgrade e University of Zadar |
Ocupación | político, Comisario político, profesor universitario e historiador |
Cónxuxe | Ankica Tuđman |
Fillos | Miroslav Tuđman |
Premios | Medalha de Júkov, Grand Order of King Tomislav, Order of Ante Starčević, Grand Order of Queen Jelena, Grand Order of King Petar Krešimir IV, Grand Order of King Dmitar Zvonimir, Order of Duke Trpimir, Order of Military Merit with large star, Order of the Partisan Star, Commemorative Medal of the Partisans of 1941, Ordem do Libertador San Martin, Knight Grand Cross of the Military Order of Italy, Grand Cross of the Order of the Redeemer, Order of State of Republic of Turkey, Ordem do Mérito do Chile, Cabaleiro da Gran Cruz da Orde ao Mérito da República Italiana, honorary citizen of Zagreb, Order of military merits, Order of Bravery e Ordem do Redentor |
Na rede | |
https://www.tudjman.hr/ | |
![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Franjo Tuđman , nado o 14 de maio de 1922 e finado o 10 de decembro de 1999 foi un historiador, escritor e político croata. Foi o primeiro presidente de Croacia tras a independencia do país desde 1990 até 1999, ano da súa morte. O presidente serbio Slobodan Milošević e Franjo Tudjman de Croacia foron os principais artífices da ruptura de Iugoslavia.[1]
Biografía[editar | editar a fonte]
Na República Federal Socialista de Iugoslavia[editar | editar a fonte]
Con 19 anos ingresou na guerrilla antifascista de Josip Broz Tito; despois da guerra foi o xeneral máis novo do Exército Popular de Iugoslavia con só 23 anos.
Defendeu posicións ultranacionalistas croatas tras a morte de Tito (1980).
Década de 1990[editar | editar a fonte]
Nos anos 90 dirixiu un partido chamado Hrvatska Demokratska Zajednica - HDZ (Unión Democrática Croata) - que á súa vez foi a punta do movemento independentista de Croacia a finais do século XX. O HDZ conseguiu reunir á maioría do pobo croata de Croacia e Bosnia e Hercegovina, nas primeiras eleccións após a caída do comunismo na República Federal Socialista de Iugoslavia. O seu obxectivo cristaliza o 30 de maio de 1990 mediante un referendo nacional para a independencia de Croacia.
Antes de reaparecer na escena política da antiga Iugoslavia como líder do HDZ, foi un disidente político polas súas ideas nacionalistas.

Coas súas posicións separatistas chegou á presidencia de Croacia e levou á independencia a ese país. Detivo o Exército Iugoslavo (JNA) en Croacia, aínda que era superior en armas, coa combinación de armisticio e defensa do territorio do país. Despois de que as forzas internacionais da UNPROFOR interviñesen finalmente entre o autoproclamado estado serbio en Croacia e as forzas croatas, Franjo Tudjman decidiu organizar e armar o Exército Croata (HV), preparándose para as operacións Tempestade de Bljesak e Oluja de 1995, coas que recuperou a integridade territorial do país.
En 1996 pediu facer "un monumento de reconciación como o Valle de los Caídos" para o caudillo nacionalcatólico croata Ante Pavelić enterrado en Madrid.[2]
Crimes de guerra[editar | editar a fonte]
Foi investigado por crimes de lesa humanidade polo Tribunal Penal Internacional para a antiga Iugoslavia acusado de limpeza étnica contra a poboación serbia de Krajina.
Segundo o historiador belga Michel Collon, Tudjman era "un racista que estendeu activamente o odio étnico e predicou a fragmentación de Iugoslavia". [3] Os seus detractores, como o seu sucesor do presidente croata Stjepan Mesić, acusárono de non comprender a situación en Bosnia e Hercegovina e a situación nacional dos musulmáns bosníacos. Parece que Tudjman contou a este grupo como parte integrante do pobo croata, considerándoos "croatas da relixión islámica", como ocorreu durante o goberno de Bosnia polos ustashas durante a segunda guerra mundial. Estes e outros erros de cálculo pola súa banda provocaron unha guerra entre os croatas bosníacos dirixidos desde Zagreb (os croatas de Bosnia e Hercegovina) e os bosníacos durante a guerra de Bosnia. Os bosníacos musulmáns non querían que ningunha parte de Bosnia e Hercegovina fose separada e anexionada a Croacia. Outros acúsano de ter negociado directamente con Slobodan Milošević, a través do Acordo de Karadjordjevo, a división de Bosnia e Hercegovina entre Croacia e Serbia, en base a algúns documentos visuais. [4]
Polas súas contribucións á independencia de Croacia foi chamado "pai de Croacia".[5] Coa súa morte producíronse posicións máis moderadas, beneficiosas para a integración étnica e celebradas polo resto dos estados balcánicos.[6]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Encyclopédie Universalis 2008, artigo Franjo Tudjman
- ↑ "Tudjman invoca a Franco para lustrar la memoria del jefe nazi croata Pavelic". El País (en castelán). 1996-04-23. ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-07-16.
- ↑ nodo50 «Las mentiras de la guerra de Yugoslavia Arquivado 29 de decembro de 2010 en Wayback Machine.» Consultado em 5 de agosto de 2010
- ↑ El Mundo. El triunfo del Estado-nación.
- ↑ "BBC News | EUROPE | Franjo Tudjman: Father of Croatia". news.bbc.co.uk. Consultado o 2022-07-16.
- ↑ Mundo, Instituto del Tercer (2001). Guía del Mundo 2001-2002 (en castelán). Iepala. ISBN 978-84-89743-16-8.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Franjo Tuđman |