Presidente de Corea do Norte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kim Il-sung foi a única persoa en ocupar a presidencia de Corea do Norte.

O cargo de presidente da República Popular Democrática de Corea foi estabelecido na Constitución de Corea do Norte en 1972. Até entón Kim Il-sung, gobernante do país, foi primeiro ministro e secretario xeral do Partido dos Traballadores de Corea. En 1972, foi creada a presidencia e Kim Il-sung foi elixido para o mando pola Asemblea Popular Suprema. Kim foi presidente até 1994, ano no que morreu sen deixar unha sucesión formal. En 1998 unha emenda á constitución aboliu a presidencia e estabeleceu o título honorífico de Presidente Eterno da República outorgada a Kim Il-sung.

Actualmente non hai ningún presidente da República Democrática de Corea, xa que ese cargo foi abolido na constitución vixente e os poderes inherentes ao mesmo divididos entre tres funcións actuais:

A constitución actual divide formalmente o poder da presidencia entre estes tres cargos, con Kim Jong-Un como gobernante de facto (co título de Líder Supremo de Corea do Norte).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]