Presidente da República Popular da China
Presidente da República Popular da China 中华人民共和国主席 | |
---|---|
Designado por | Asemblea Popular Nacional da República Popular da China |
Nomeado por | Presidium da Asemblea Nacional |
Duración | 5 anos, renovable |
Creación | 27 de setembro de 1954 |
Primeiro titular | Mao Zedong |
O Presidente da República Popular da China é o xefe de Estado da República Popular da China.
Segundo a constitución do país, a presidencia é un cargo cunhas funcións en gran parte cerimoniais con poderes limitados.[1][2][3] É elixido pola Asemblea Popular Nacional para un mandato de cinco anos. O cargo está oficialmente considerado como unha institución do Estado máis que un posto administrativo. O Presidente actual é Xi Jinping, que tomou posesión do cargo en marzo de 2013.[4]
Dende 1993, excepto en breves períodos de transición, os presidentes ocuparon ao mesmo tempo o cargo de Secretario Xeral do Partido Comunista da China e de comandante en xefe do exército (como Presidente da Comisión Militar Central).
O cargo foi creado co establecemento da Constitución da República Popular da China en 1954 e foi ostentado sucesivamente por Mao Zedong e Liu Shaoqi. Liu caeu en desgraza política durante a Revolución Cultural e o cargo foi ocupado interinamente por Soong Ching-ling e Dong Biwu ata que foi abolido baixo a Constitución de 1975. Foi máis tarde restabelecido coa Constitución de 1982, mais con poderes reducidos.
Entre 1982 e 2018, a constitución estipulou que o presidente non podería exercer máis que dous mandatos consecutivos. Durante a era Mao e na actualidade dende 2018, non hai límites de mandatos.[5]
Requisitos e elección
[editar | editar a fonte]Segundo a actual Constitución da República Popular da China, o Presidente ten que ser un cidadán chinés en posesión de todos os seus dereitos electorais e con máis de 45 anos.
O Presidente é elixido pola Asemblea Popular Nacional da República Popular da China (APNRPC), o corpo estatal máis alto da China, o cal tamén ten o poder de destituír o Presidente e outros cargos estatais. Os nomeamentos e destitucións son decididos por un voto de maioría simple.[6]
Segundo a Lei Orgánica da APNRPC, o Presidente é nomeado polo Presidium da APNRPC, o órgano executivo do Congreso.
En caso de que o cargo de Presidente quede vacante, o Vicepresidente sucédeo no cargo. En caso de que ambos os dous fiquen vacantes, o presidente da APNRPC actuará temporalmente como presidente até que a APNRPC poida elixir novos Presidente e Vicepresidente.[7]
Antes de marzo de 2018, o Presidente e o vicepresidente tiñan limitados a dous os seus mandatos consecutivos, pero estes límites foron eliminados na Asemblea Nacional Popular en 2018.[8]
Poderes e deberes
[editar | editar a fonte]Baixo a constitución actual, establecida en 1982 con revisións menores en anos posteriores, o Presidente ten o poder de promulgar leis, seleccionar e destituír o primeiro ministro así como os ministros do Consello de Estado, outorgar indultos, declarar o estado de emerxencia, ordenar mobilización masivas, e conceder honras estatais. Ademais, o Presidente nomea e destitúe embaixadores en países estranxeiros, asina e anula tratados con entidades estranxeiras. Segundo a Constitución, todos estes poderes requiren da aprobación ou confirmación da APNRPC. Como a maioría de poderes presidenciais están subordinados á ratificación da APNRPC, o Presidente é, en esencia, un posto simbólico sen unha función directa no exercicio do poder. Está por tanto concibido principalmente como unha institución simbólica do Estado máis que un cargo con poderes executivos reais.[9]
Lista de xefes de Estado
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Lista de Presidentes da República Popular da China.
Presidentes
[editar | editar a fonte]Outros xefes de Estado
[editar | editar a fonte]-
Zhu De
Presidente Do Comité Permanente da Asemblea Popular Nacional (1975–1976) -
Soong Ching-ling Presidenta en funcións do Comité Permanente da Asemblea Popular Nacional (1976–1978)
-
Ye Jianying Presidente Do Comité Permanente da Asemblea Popular Nacional (1978–1983)
Estatísticas
[editar | editar a fonte]# | Presidente | Data de nacemento | Idade ao acceder ao cargo
(primeiro mandato) |
Tempo no cargo (total) | Idade ao deixar o cargo
(último mandato) |
Data de morte | Lonxevidade |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Mao Tse Tung | 26 de decembro de 1893 | 60 anos, 275 días | 4 anos, 212 días | 64 anos, 122 días | 9 de setembro de 1976 | 82 anos, 258 días |
2 | Liu Shaoqi | 24 de novembro de 1898 | 60 anos, 154 días | 9 anos, 187 días | 69 anos, 342 días | 12 de novembro de 1969 | 70 anos, 353 días |
Presidencia vacante | |||||||
Interino | Dong Biwu | 5 de marzo de 1886 | 88 anos, 318 días | 2 anos, 327 días | 88 anos, 318 días | abril 1975 | 89 anos, 28 días |
Interino | Soong Ching-ling | 27 de xaneiro de 1893) | 83 anos, 161 días | 1 anos, 242 días | 85 anos, 37 días | maio 1981 | 85 anos, 37 días |
Presidencia abolida | |||||||
3 | Li Xiannian | 23 de xuño de 1909 | 73 anos, 360 días | 4 anos, 295 días | 78 anos, 290 días | 21 de xuño de 1992 | 82 anos, 364 días |
4 | Yang Shangkun | 3 de agosto de 1907 | 80 anos, 250 días | 4 anos, 352 días | 85 anos, 236 días | 14 de setembro de 1998 | 91 anos, 42 días |
5 | Jiang Zemin | 17 de agosto de 1926) | 66 anos, 222 días | 9 anos, 353 días | 76 anos, 210 días | Vive | 98 anos e 100 días |
6 | Hu Jintao | 21 de decembro de 1942 | 60 anos, 84 días | 10 anos, 0 días | 70 anos, 84 días | Vive | 81 anos e 340 días |
7 | Xi Jinping | 15 de xuño de 1953 | 59 anos, 272 días | 11 anos e 256 días | Presente | Vive | 71 anos e 163 días |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ending Term Limits for China’s Xi Is a Big Deal. Here’s Why.". The New York Times (en castelán). 10 de marzo de 2018. Consultado o 18 de xuño de 2019.
- ↑ "Xi's here to stay: China leader tipped to outstay term" (en inglés). 9 de agosto de 2016. Consultado o 18 de xuño de 2018.
- ↑ "China sets stage for Xi to stay in office indefinitely" (en inglés). 25 de febreiro de 2018. Consultado o 18 de xuño de 2019.
- ↑ "Does Chinese leader Xi Jinping plan to hang on to power for more than 10 years?" (en inglés). 6 de outubro de 2017. Consultado o 18 de xuño de 2019.
- ↑ "CPC proposes change on Chinese president's term in Constitution" (en inglés). 25 de febreiro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2018. Consultado o 18 de xuño de 2019.
- ↑ Constitución da República Popular da China, Artigos 62, 63. (en inglés)
- ↑ Constitución da República Popular da China, Artigo 84. (en inglés)
- ↑ "China's Xi allowed to remain 'president for life' as term limits removed". BBC (en inglés). 11 de marzo de 2018. Consultado o 18 de xuño de 2019.
- ↑ Constitución da República Popular da China, Artigo 62, Sección 5. A APNRPC non ten o poder de nomear o primeiro ministro
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]- Lista de Presidentes da República Popular da China
- Partido Comunista da China
- Xefes de Estado e Goberno actuais
A Galipedia ten un portal sobre: China |