Saltar ao contido

Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gañadoras e organización nos premios de 2019.

O Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas é un certame literario organizado pola Asociación Mulleres Progresistas de Vigo en colaboración coa Concellería de Igualdade do Concello de Vigo que busca a reflexión sobre distintos aspectos da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e o apoderamento das mulleres, entendido consonte á estratexia definida na IV Conferencia Mundial das Mulleres de Beijing nos seus tres niveis de transformación: o individual, o colectivo e a transformación social.[1] Comezaron no ano 2013 e teñen carácter anual. O seu precedente foi o Premio de Relatos Mulleres Progresistas (2007-2011) e, con anterioridade a este último, o Premio de Novela Mulleres Progresistas de Vigo (1997-2005).

Entre outras:[2]

Poden participar todas as mulleres que o desexen, de calquera nacionalidade ou cultura e maiores de 16 anos. Cada participante pode presentar un máximo de 3 microrrelatos que deben ir escritos en galego normativo. O tema é libre, pero con especial valoración daqueles que traten e reflexionen sobre os distintos aspectos da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes (corresponsabilidade, dereitos, apoderamento etc.). Enlazando o carácter reivindicativo coa vertente literaria, o microrrelato debe ter natureza narrativa e non de mera proclama. Os microrrelatos deben ter un máximo de 100 palabras (excluído o título). As obras deben ser orixinais e inéditas, non estando difundidas por ningún tipo de medio, nin en papel, nin electrónico.

Obras gañadoras

[editar | editar a fonte]

Premios outorgados nas súas distintas edicións:[3]

2014 (II edición)
2015 (III edición)
2016 (IV edición)
2017 (V edición)
2018 (VI edición)
2019 (VII edición)
2020 (VIII edición)
  • 1º premio: "Traballo", de Blanca Rodríguez Rodríguez.
  • 2º premio: "O escafandro", de Andrea Fernández Maneiro.
  • 3º premio: "Chulas de rabaqueta", de Andrea Castro Lorenzo.
  • Finalistas: "A revelación", de Isabel Mancebo Portela; "A fraternidade das bestas", de Andreia Costas Otero
  1. "Premio de microrrelatos Mulleres Progresistas. Axenda cultural AELG". axendacultural.aelg.gal. Consultado o 2021-05-09. 
  2. "Bases do VI Premio de Microreelatos "mulleres progresistas"". baiaedicions.gal. 2017-10-25. Consultado o 2021-05-09. 
  3. "Premios literarios". www.mulleresprogresistas.org. Consultado o 15/4/2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]