Premios Valedora do Pobo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os premios Valedora do Pobo aos mellores traballos fin de grao (TFG) e traballos fin de máster (TFM) en materia de igualdade e dereitos das mulleres crearonse en 2020.[1] Estes galardóns son froito dun convenio de colaboración entre as tres universidades galegas (Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo) e a Valedoría do Pobo, e "xurdiron para distinguir aqueles traballos merecedores dun especial recoñecemento pola súa orixinalidade, definición do seu obxecto, pertinencia e relevancia, metodoloxía, análise de resultados, aspectos formais e proxección que poidan acadar no ámbito da igualdade de dereitos de mulleres e homes, entre outros aspectos". [2]

Na súa primeira edición[3] recibiron os galardóns:

  • Amara García Adán, alumna do grao de Dereito da USC, na modalidade TFG por "Inxustiza epistémica e argumentación xurídica. Especial atención nos casos de violación".[4][5]
  • Ángela Fernández Dasilva, alumna do mestrado en Igualdade, Xénero e Educación, na modalidade TFM. por "As políticas de igualdade de xénero na Universidade. O caso de Galicia".[6]

Finalistas:

O TFG ‘Unha realidade silenciada. Violencia machista institucional’ de Sabela Pérez Martín e o TFM ‘Análise da representación das mulleres nos libros de FOL (Formación e Orientación Laboral) a través da revisión bibliográfica’ de Noelia Álvarez Estévez foron os traballos finalistas do certame.

Na súa segunda edición,[7]

TFG:

  • 'Aínda que custe respiar: estudo do amianto con perspectiva de xénero', de Sara González Veiga [8]
  • 'Ser coidadora átate: desafíos ocupacionais de mulleres coidadoras do rural galego durante a pandemia do Covid-19', de Manuela Ángela Blanco Suárez

TFM:

  • "A muller no deporte: estereotipos, valores e logros. Un estudo de caso de mulleres deportistas en halterofilia', Ana Feijóo Rodríguez[9]
  • 'O Movemento Feminista Organizado en Galicia (1975-1983)', de Raquel Fernández Reguera.

Na súa terceira edición[10]

TFG:

  • «A xestación por substitución no Dereito civil español: a aceptación tácita dos efectos dun contrato nulo» de Carmen Castrillo Sotelo.[11]
  • «Quen son elas? O deporte galego dende a perspectiva de xénero» de Cinthia Piñeiro Acevedo.

TFM:

  • «Conquistando o baleiro:as voces de profesoras e alumnas en ciclos formativos masculinizados" de Ana Souto Mínguez.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Resolución do DOG nº 53 do 2020/3/17 - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2021-06-27. 
  2. "Os Premios Valedora do Pobo distinguirán os mellores TFG e TFM en materia de igualdade | Universidade de Vigo". www.uvigo.gal. Consultado o 2021-06-27. 
  3. "Discurso da Valedora do Pobo, Dolores Fernández Galiño, no Acto de entrega dos PREMIOS “VALEDORA DO POBO”. Primeira edición.". Valedor do Pobo. Consultado o 2021-06-27. 
  4. Redacción (2021-03-30). "'Premios Valedora' á perspectiva de xénero en TFG e TFM". GCiencia. Consultado o 2021-06-27. 
  5. Montenegro, Gloria. "Amara García Adán: "É preciso incluír a perspectiva de xénero no ámbito do Dereito"". Nós Diario. Consultado o 2021-06-27. 
  6. "Entregados os premios Valedora do Pobo en recoñecemento á perspectiva de xénero nos TFG e TFM". Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 2021-06-27. 
  7. SL, POMBAPRESS. "La UDC acoge este lunes la entrega de los premios Valedora do Pobo a dos trabajos de fin de grado y otros dos de máster". Galiciapress (en castelán). Consultado o 2023-03-13. 
  8. "TFG Sara González" (PDF). Valedora do Pobo. 
  9. "TFM Ana Feijoo" (PDF). Valedora do Pobo. 
  10. valedora (2023-02-15). "O 14 de febreiro fallouse o resultado da terceira edición dos premios instituidos pola Valedora do Pobo e as tres universidades galegas para recoñecer os mellores traballos de fin de grao e de fin de master en materia de igualdade do curso anterior". Valedora do Pobo. Consultado o 2023-03-13. 
  11. "TFG". Valedora do Pobo Carmen Castrillo. 
  12. "TFM Ana Souto" (PDF). Valedora do Pobo.