Premios Uviguala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os Premios de compromiso coa igualdade de xénero da Universidade de Vigo Uviguala, outórganse as persoas que destaquen por facer alguna actividade a prol da igualdade.

Ao longo destes anos recibiron galardón as seguintes persoas:

  • No ano 2024 o XII premio outorgouse ás docentes e investigadoras do Campus de Vigo promotoras da actividade ElasFanCienTec, un programa de obradoiros impulsado no ano 2017 por Soledad Torres Guijarro, Verónica Salgueiriño Maceira e Ana Mejías Sacaluga para promover as vocacións femininas no ámbito das disciplinas CTEM.
  • En 2023 foi recoñecida co XI premio a integrante do PAS, Rosa Graña Costas, polo seu traballo integrando a perspectiva de xénero como xefa do Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos.
  • En 2022 a antiga alumna Ángela González Garrido foi recoñecida co X Premio Uviguala da UVigo.
  • En 2021 as profesoras Alma Gómez, Julia Carballo e Nieves Lorenzo, responsables de Exxperimenta en feminino, foron galardoadas co IX Premio Uviguala da UVigo.[1]
  • En 2020 a Delegación de Alumnado da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación recibiu o VIII Premio Uviguala da UVigo.[2]
  • En 2019 Anabel Penín López recibiu o VII Premio Uviguala da UVigo. [3]
  • En 2018 o Duvi recibiu o Premio VI Uviguala de Uvigo. [4]
  • En 2017 a profesora María Álvarez Lires recibiu o V Premio Uviguala da Uvigo.[5]
  • En 2016 a asociación universitaria AUCE recibiu o IV Premio Uviguala. [6]
  • En 2015 o persoal de administración e servizos María Teresa Díaz, Raquel Iglesias e David Basalo recibiron o III Premio Uviguala da Uvigo.[7]
  • En 2014 as profesoras Purificación Mayobre Rodríguez e a Beatriz Suárez Briones recibiron o II Premio Uvigula da Uvigo.[8]
  • En 2013 o Servizo de Deportes recibiu o I Premio Uviguala da Uvigo. [9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Región, La (2021-03-10). "Tres profesoras do Campus, premio á igualdade da UVigo". La Región (en castelán). Consultado o 2021-10-31. 
  2. "O Premio Uviguala recoñece ao alumnado da EE de Telecomunicación polo impulso dos puntos lila | Universidade de Vigo". www.uvigo.gal. Consultado o 2021-10-31. 
  3. "Un 8M tinguido de vermello e lila | Universidade de Vigo". www.uvigo.gal. Consultado o 2021-10-31. 
  4. "Día Internacional das Mulleres 2018". Consultado o 2021-10-31. 
  5. "La Universidade premia a Mari Lires por su defensa de la igualdad". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-03-09. Consultado o 2021-10-31. 
  6. "Para quebrar o modelo patriarcal, educación e feminismo desde as aulas | Universidade de Vigo". www.uvigo.gal (en inglés). Consultado o 2021-10-31. 
  7. "O Premio Uviguala recoñece a aposta pola conciliación do Campus Camp | Universidade de Vigo". www.uvigo.gal (en inglés). Consultado o 2021-10-31. 
  8. "O Premio Uviguala recoñece o feminismo vital e académico de Purificación Mayobre e Beatriz Suárez Briones | Universidade de Vigo". www.uvigo.gal. Consultado o 2021-10-31. 
  9. "Entrega premios Uviguala.". Consultado o 2021-10-31.