Beatriz Suárez Briones

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Beatriz Suárez Briones
Nacemento século XX
  Marín
Nacionalidade España
Alma máter UNED
Ocupación profesora e crítica literaria
editar datos en Wikidata ]

Beatriz Suárez Briones, nada en Marín, é unha profesora, escritora, crítica literaria e feminista galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Filoloxía Hispánica pola UNED en 1991. Profesora de crítica literaria na Universidade de Vigo. Foi asesora do presidente da Xunta de Galicia en materia de xénero e dereitos civís durante o bipartito PSOE-BNG (2005-2009). Foi presidenta de Legais. Impulsora dos estudos feministas na Universidade de Vigo, dirixiu o Programa de Postgrao en Estudos de Xénero. Investiga sobre a teoría feminista e lesbiana nas súas intercesións coa teoría da sexualidade, a psicanálise e a escritura; tamén a teoría queer en relación co feminismo e os dereitos da comunidade LGTBI.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Sextualidades, 2003.
  • Las lesbianas (no) somos mujeres. En torno a Monique Wittig, Icaria, 2013.
  • Feminismos lesbianos y queer.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]